Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pirata sen parche

viernes, 13 de mayo de 2011
Ridículo me sinto cando a vela do meu barco se incha no alto da Lomba. Teño medo a que o vento me leve por Sudalomba abaixo. Tería que ir ás vorcalladas e as carpazas esgazaríanme a pel coas trasnadas da infancia.

Procuro botar a áncora na raíz dun piorno e, xa agarrado, contemplar ao lonxe as campás da igrexa de Baños de Molgas. Non tocan a morto, nin á misa, nin á salve, nin dan as horas. Simplemente non tocan.

Porque son as seis y vinte e cinco, e non corresponde. Outeo o horizonte coma pirata sen parche e sinalo coa espada a barronca de máis alá de Río Vello.

Brilla o sol no alto da Chaira e ás miñas costas brúa unha vaca que sae de entre uns codesos. Canto me gusta soñar coa infancia do monte Medo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES