Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xiros

miércoles, 11 de mayo de 2011
En xeral non temos moi claro eso de xirar uns grados en canto ó noso comportamento ou liña de acción, e cando se trata de facer propósitos afirmamos estar dispostos a dar determinados xiros para no futuro emprender novos rumbos.
Temos moi claro que se imos camiñando, real ou metafóricamente, e damos un xiro de noventa grados, simplemente facemos un ángulo recto e collemos pola primeira rúa á dereita. É un cambio radical, pero non lle damos tanta importancia. Sen embargo, para facer o mesmo xiro á esquerda deberemos cambiar o noso rumbo en 270 grados.
Non hai moito leín nalgún lugar que alguén pretendía dar un xiro de 180º na súa liña de acción. E con sorpresa comprobei que o significado era que non pensaba cambiar no máis mínimo a dirección da súa marcha, teméndome que quixese expresar todo o contrario.
Pero a cifra que máis se menciona é a dos xiros de 360º, nos que posiblemente cada quen sexa máis conciente do seu significado , xa que un xiro dese arco completa a circunferencia e significa volver polo camiño que un trae; na práctica, dar marcha atrás.
Pero por moitas declaracións que fagamos en relación con presuntos cambios, necesarios ou imprescindibles, case nunca somos consecuentes, e os xiros son mínimos, que tamén un mínimo xiro pode ser definitivo nunha traxectoria persoal ou profesional.
Xirar 360º é prácticamente imposible. Xirar 180º, en cambio, facémolo case todos os días.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES