Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caixa busca Banco

jueves, 05 de mayo de 2011
E banco busca Caixa.

Sempre se nos vendeu a “moto” de que para depositar diñeiro a prazo era mellor un banco que pagaba máis intereses; e para solicitar un crédito, era mellor unha Caixa que tiña moito mellores condicións. E sen embargo a maioría dos aforros dos galegos ficaron nas caixas, proba de confianza nunhas entidades que non tiñan accionistas e, polo tanto, podían ser moito máis beneficiosas para os que traballasen con elas nas diversas facetas comerciais.

Pero chegados a este momento os espectadores da realidade bancaria e de aforro temos que estar, necesariamente, asombrados de que unhas entidades aparentemente fortes, solventes e dinámicas sexan postas polo goberno – ou pola realidade- diante de galopantes cabalos que non só van pisotealas senón aproveitarse da súa febleza.

E a nova e grande Caixa de Galicia vese na obriga de crear un banco e buscar financiación para fortalecer a súa situación económica, hai bancos que desexan entrar nas caixas buscando unha postura de forza para o futuro, e os investidores galegos aparentan retraerse mentras os foráneos parecen –todo é parecer e supoñer- ter interese neste novo mundo bancario que apenas alborea.

Mentras, os clientes destas entidades, sufridores de restriccións de todo tipo, temos a tentación de volver ós sistemas dos nosos devanceiros que gardaban os aforros nos colchóns da propia cama como garantía de que nin ían sufrir merma nos seus acudáis nin estarían sometidos a ningún problema exterior.

No medio de todo este maremagnun, e tendo en conta que os gobernos e as institucións que supervisan ás entidades financieras gozan de información privilexiada cando non son eles os que xeneran os acontecementos que logo nós vivimos, hai que preguntarse que sistema é este que se derrubou de xeito incauto da noite para a mañá, cando ata os menos avisados dos nosos convecinos opinaban da burbulla inmobiliaria que era insostible e que, en calquera momento, se ía derrubar.

Caixa pode buscar banco, e Bancos poden buscar caixas. Ou se encontran axiña mutuamente ou vai resultar demasiado tarde.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES