Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cidade galega da Cultura

viernes, 29 de abril de 2011
A Cidade da Cultura ten concitado críticas de diversos sectores, tachando a iniciativa de megalómana, excesiva, innecesaria, absurda.
Posiblemente cando se construíu a fachada do Obradoiro ou o Pórtico da Gloria, houbo quen considerou excesivo tamaño dispendio. O mesmo que cando se ergueu o Pazo de Raxoi, o Hospital dos Reis Católicos ou o edificio do reitorado da Universidade compostelana, porque seguro que había necesidades acuciantes ás que aplicar os fondos que absorberon unhas obras chamadas a ter personalidade monumental e figurar no catálogo de bens de Galicia polos séculos. Pois soñar que Galicia teña unha Cidade da Cultura á altura que a súa cultura esixe non debe ser considerado un dispendio senón un investimento para o futuro.
Deberíamos ter presente en todo momento que Compostela non só é a capital de Galicia, senón a capital do Occidente europeo, punto onde rematan camiños milenarios seguidos por millóns de persoas na percura da tumba do Apóstolo, pero tamén da tradición e da maxia do gran Camiño dos cristiáns. Visto así é xusto que en Santiago haxa edificios que no seu momento foron “toleadas” monumentais, e hoxe conforman unha xeografía urbana de relieve mundial.
A Cidade da Cultura vese na actualidade aqueixada pola crise económica e os seus investimentos ralentizados en espera de mellores tempos. Pero sen dúbida chegarán e o que hoxe contén nada máis – e nada menos- que o Arquivo e a Biblioteca de Galicia, vai ter axiña os servizos centrais e o Museo, e pouco a pouco conformarán un todo que será imprescindible para unha Galicia que disporá primeiro do órgano para logo conseguir a función.
Non debemos botar en saco roto o argumento do conselleiro Roberto Varela cando afirma que se trata dun complexo “para unha cidade dispersa de 2.700.000 habitantes”, que trata de vencellar co Niemeyer asturiano e o Guggenheim bilbaino.
A cidade galega da Cultura é un ben para Galicia como as autoestradas, como o Ave, como o aproveitamento económico do feito das peregrinacións polos Camiños de Compostela. O día que asumamos esta verdade e comecemos a estimar e aproveitar a Cidade da Cultura teremos dado un paso importante no camiño do progreso desta terra na que vivimos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES