Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Neste mes de abril

viernes, 29 de abril de 2011
Semana Santa: Na miña infancia era tempo de recollemento, tristeza e contrición. A alegría e a música estaban prohibidas; todos tiñamos que sentirmos culpables pola crucifixión e morte de Cristo na cruz. Os tempos teñen cambiado moito e nestes días houbo, nas estradas españolas, máis de nove millóns de vehículos nos que a xente se desplazou na busca de lecer e diversión. Agora as expresións de devoción convertéronse nun espectáculo. O
clima non acompañou e moitas procesións tiveron que ser canceladas. Nós viaxamos ás terras de Barcala e do Xallas, para ver os nosos maiores. Circulamos envoltos por unha densa néboa, que producía unha sensación de lenta irrealidade. Pola radio soubemos das diferentes posibilidades de lecer en Galicia: a festa da lamprea en Arbo, a do xabarín en Cerdedo, o día do augardente de Portomarín, a feira do encaixe en Camariñas, a
celebración do San Telmo en Tui (con pregón do ex presidiario Mario Conde), e a Pascua de Padrón. Así, pois, se o tempo non permite as procesións de Viveiro ou de Ferrol, sempre hai alternativas. Será por paparotas...

Fútbol: Se estas propostas non abondan para encher o tempo de ocio sempre haberá un partido Barça-Madrid, dos moitos que se disputan nestes días. A final da Copa resolveuse cun gol maxestoso de Cristiano Ronaldo quen, suspendido no aire moito máis tempo do que permite a lei da gravidade, conseguiu rematar un centro de Di María desde a esquerda, cando xa levaban
ás costas máis de cen minutos de partido. Foi un exemplo de fortaleza e decisión; pero quedan outros envites pendentes para ver se o arrogante Mourinho é capaz de frear o trenzado de ourivería que elabora o equipo de Guardiola ata convertelo en arte efémero.

Libros: Se o fútbol tampouco serve para acadar a plenitude teño outro consello para quen queira recibilo: collede un libro e poñédevos a ler. Neste tempo de zapping e liviandade a lectura repousada é, ademais dun pracer, unha necesidade. Esta vida de vertixe que nos impoñen precisa, de cando en vez, dun tempo para a reflexión. Un libro, nestes casos, sempre é
unha boa compañía. O 23 de abril foi o día internacional do libro
(conmemórase o falecemento de escritores como Cervantes e Shakespeare). En Catalunya, nesta data, agasallan cun libro e unha rosa. Sigamos o seu exemplo. Aquí van as miñas recomendacións: Riña de gatos de Eduardo Mendoza, e Cabalo de ouros de Víctor Freixanes..
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES