Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cita europea de Castro

jueves, 28 de abril de 2011
O 28, o Congreso Europeo de Mercados de Gado en Castro de Ribeiras de Lea é a oportunidade para garantir o futuro deste comercio e explotacións, fronte as importacións e invasións foráneas de leite e carne, propiciando a confianza dos consumidores, na calidade e seguridade alimentaria dos productos, protexendo a cadea alimentaria dende a orixe. Europa é o noso espazo, para competir con éxito, neste sector, por iso é acertado o tema escollido: a aplicación da base dos datos informaticos nos procesos de comercialización e movementos do gado bovino e ovino.

Cómpre universalizar a alfabetización dixital neste eido, e incorporar ás e ós labregos á sociedade do coñecemento, pero antes, hai que fornecer o rural de infraestructura TIC (técnicas de información e comunicación), e introducirnos no seu uso, e nisto estamos lonxe dos gandeiros alemáns, franceses, etc. Pero todo se andará, segundo os obxectivos da “Axenda Dixital” da UE, que ten que aplicarse nunha propia de Galicia, cun compromiso contudente da Xunta, Deputación e Concellos…

Nas explotacións coma nas pequenas empresas da comarca, o uso de internet é nimio, na facturación e venda on line, relación coa administración, busca e xeración de informacións sobre esta actividade… Urxe buscar unha comunicación máis fluida e puntual. Necesitamos dela para axustar producción e consumo, para informarnos dos prezos e movementos do gado, e enfortecer o mercado europeo, sen as rebaixas escuras doutras latitudes. Así, a coperativa Xertigan está a deseñar a nova paxina web, para incentivar as vendas, agora que están abrindo mercado fóra…, mesmo con imaxes da carne tracexada, na liña da calidade suprema que están a achegar.

Pero onde quizais cativemos ós congresistas, sexa na modernización das explotacións, e na potenciación do turismo rural que van contemplar. O mercado de carne de vacún non cubre as demandas europeas, por iso compre a vixilancia nas importacións, feitas sen control de prezos e a seguridade alimentaria esixida na UE, o que pon en risco mercados coma o de Castro, no que se coida a calidade e a saúde, onde seguen agardando a apertura do centro de recria de novillas de raza frisona e raza rubia, o que val convertelo na referencia exemplar de Galicia.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES