Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na Pontenova

lunes, 25 de abril de 2011
Voltamos a A Pontenova para participar no acto inaugural das IV Xornadas do Peregrino, na homenaxe a Alvaro Cunqueiro, co fin de estimular a unión e a solidaridade dos concellos das Terras de Miranda´, e próximos, que cruzan o Camino Norte, na promoción do mesmo. O programa do día desenvolveuse na Casa da Cultura onde, amais da brillante e amena conferencia do profesor Francisco Singul, “Cunqueiro e o Camiño de Santiago”, tivo lugar unha mesa redonda/debate con significados expertos nesta temática: os focegos Juan Carlos Pulpeiro e Juan Ramón Pacios, o catedrático Ramón I. Perrín, José Joaquín Milans del Bosch, Pte.da Asoc. Astur-galaica de Amigos do Camiño e Luis Ansedes, Pte. da Asoc. Abrindo Camiño, seguida co interese e a participación dos asistentes. Houbo tamén dúas actuacións musicais: a Coral da Escola de Música local e da Coral mindoniense Mestre Pacheco.

A Pontenova ten o epicentro das súas actividades culturais na que é esplendida Casa da Cultura, un edificio singular, de amplas e confortables estancias; baste decir que o salón de actos conta con preto de 400 cómodos asentos, dispostos en forma de anfiteatro, que poden acoller a mais do 10% da poboación do concello, cun espacioso escenario, accesible, case a ras do chan As instalacións, ubicadas a carón do río que cruza a vila, no mais carismático do centro urbán, pretiño da ponte peatonal que o cruza, e que engade encanto e atractivo á paraxe; e tamén da que foi histórica meca do bó xantar: a Casa da Cubana, dende hai algúns anos xubilada da noble e reparadora función de ben alimentar a propios e estranos. Foron aquélas, para nós, horas dunha estadia beneplácita, didáctica e de amable acollida polos amigos da fermosa vila. Saímos, xa de noite, cunha xoia editorial baixo o brazo: o libro de fotografías “O pobo das néboas”, a obra impresionante do artista santanderino Vicente Ansola, que se namorou do medio natural, da sinxeleza e da autenticidade da vida e da antropoloxía da bisbarra, que reflicte en imaxes de outa calidade artística e técnica. O dito: toda unha xoia.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES