Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta a Antón Veiga Outeiro

jueves, 14 de abril de 2011
Estimado amigo: Hai poucas datas lin, nestas páxinas, unhas manifestacións nas que, en canto que Delegado de Cultura da Deputación, referías, parcialmente, o labor que desenvolvedes.

Noraboa polo empeño en recuperar vellos valores da cultura popular, evitando nalgúns o seu estrago ou a posible destrucción; correxindo o deterioro polo paso do tempo, ou acaso do lamentable vandalismo social, minoritario, pero depredador.

Parabéns porque non adoitan ser asuntos nas axendas dos executivos, malia a súa importancia.

Neste senso sinto a obriga moral de chamar a atención sobre un feito que considero grave, dada a importancia histórica e cultural do obxeto agredido. Sabes, mellor ca mín, que un dos mais valiosos e singulares monumentos da comarca, está no concello de Foz: San Martiño. Como o coñeces ben vou obviar todo panexírico; pero non ignoras que, dende hai uns anos, aquela xoia arquitectónica, mais que milenaria; exemplar único do pre-románico galego, ex-catedral mais antiga da península que se mantén en pé; monumento nacional, dende hai mais de 75 anos; nomeada como “basílica”, na que recentes obras sacaron á luz valores inéditos, que magnifican o seu secular interese, loce a que é secuela dunha barbarie difícilmente asumible: refírome ás obras dos servicios hixiénicos (retretes), instalacións que en todo espacio público, e privado, sitúanse, por razóns obvias, en lugares discretos e mesmo afastados da vista. En San Martiño, istes atópanse na antesala, no mais lucido e visible daquel paraxe, dende o que intercepta parcialmente a visión da basílica.

O material utilizado é dunha estética aberrante, ausente de mínima armonía co contorno histórico-arquitectónico e, para mais, a ubicación, desaxeitada, fai que homes que, baixando da igrexa, se dirixen a él para satisfacer os apremios minxitorios, evacúen antes de chegar…Tal é a visión que se ofrece ós milleiros de persoas que cada ano o visitan. De moitas delas, algunhas expertas, estudosas da arte e da historia, escoitanse as loanzas do que para boa parte é un sorprendente achádego, á par que hai que soportar os reproches que dirixen á sociedade que permite tal desaguisado. A masacre foi obra, no seu día, da Deputación. Certo que, daquela, rexían a mesma outras persoas; pero a institución é dos lucenses, sen excepción, con independenza de quen a rixa en cada momento, e o patrimonio cultural é de todos. A vós, sensibles ós valores da cultura, corresponde devolverlle a dignidade; o que non é labor baladí, que toda persoa saberá avaliar. Se como dixo o poeta Antonio Machado “mais importa facer as cousas ben, que facelas”, teoría que comparto, está claro que correxir o que está mal, pode ser mais sensato que emprender novas actuacións. Esta situación, escandalosa, vai en serio detrimento do prestixo da nosa sociedade, porque, á vista da imaxe tercermundista, custa pensar que se trata dun pobo culto ou mesmo, civilizado. Mágoa que a Asociación de Veciños fose, no seu día, menosprezada, cando suxeriu a solución idónea, os únicos que foron honestos e sensatos. Pero, como dixo Stephen Benet: “como teñen o poder coidan que teñen a sabedoría”. O de sempre. Espero, e desexo, que o voso fructífero labor se reflicte tamén en San Martiño, baluarte da historia e da cultura e, como tal, orgullo de mariñaos e lugueses.

Cordialmente,

Suso Fernández.- Cronista oficial de Foz.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES