Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fillos da choiva e da brétema

martes, 12 de abril de 2011
Cando Pessoa dice “A miña patria é a lingua portuguesa”, estou vendo as caras de tantos e tantos millóns de galegos coas súas facianas ciceladas co buril das palabras, cos canotos das verbas plenas dun pobo que se fixo ao longo dos séculos, detrás das choivas e da brétema miúda dos sentimentos que pulan no caldo quentiño da soidade, na comuñón espiritual da raza coa paisaxe, que é o noso engado para pescar coa cana dos adentros a nosa soidade que nos penetra e nos pertence coma brétema calada.
Todo o que somos é a nosa lingua, é a nosa soidade, todo o que queiramos que sexa, está aquí e agora nas palabras que enxergamos baixo o perigo da “non permanencia”, por que a permanencia é SENTILA, abrazala, e estrullala para sacarlle o zume ao falala, como os fillos que somos da choiva inorde e da branda brétema. Lingua sagrada dos mortos e resucitada da choiva, mais aínda envolta na política... e escura brétema. Esperta!!!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES