Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Pontenova

martes, 12 de abril de 2011
Había algún tempo que non íamos por A Pontenova. Acabamos de facelo e a visita, curta pero intensa, resultounos moi grata pois, á súa ben sabida beleza natural, engade a atención dun exquisito coidado e pulcritude que se reflicte en toda a área urbana, á que da vida e movemento o cauce do río que a cruza.
Decorando a paisaxe, propociona ó ambiente a suave musicalidade do murmurio das augas, que brota do discurrir fluvial, cuxas marxes ofrecen unha visión impecable en orde á limpeza e á conservación das mesmas, que magnifican o seu encanto natural. As xentes da vila, de secular tradición mineira, senten grande respecto pola súa historia, por iso conservan, con natural orgullo, o símbolo da súa tradición: os fornos de calcinación que se erguen no corazón da vila, e por iso tamén, ó chegar á oficina de turismo, coidadosamente instalada, o primeiro que se olla é unha singular publicación, editada polo concello, “As minas de Vilaodriz. A Chocolateira, un ferrocarril mineiro”, que conta a interesante e mesmo romántica historia daquel tren – foi tamén de viaxeiros- que dende Vilaodriz transportaba o mineral ata o porto de Ribadeo, para embarcalo cara a Francia, Bélxica, Alemaña ou Inglaterra. Eran tempos- hai cen anos – nos que as minas ocupaban a 200 homes e o tren, cos talleres e outros servizos, arredor de 50. A exportación polo porto ribadense chegou a acadar as 200 mil Tm./ano. A atractiva e curiosa publicación ilústrase con mais de trinta vellas fotografías, entre elas a do que foi impulsor da Sociedade Mineira: o vasco don Julio de Lazúrtegui.

Polo mediado do mes, esta vila, no mais oriental da Mariña, vai ser epicentro e punto de partida dunhas xornadas arredor do Camino Norte de Santiago, nun loable intento de coordinación entre as localidades mariñáns polas que transcorre a ruta, e as distintas alternativas que se emplearon a través dos tempos, posibilidades que non fan senon incrementar o interese da mesma, en orde á maior variedade, dende a perspectiva paisaxística, cultural, humana e gastronómica. Volveremos á Pontenova.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES