Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'De inmediato'

miércoles, 30 de marzo de 2011
O uso, demagóxico e oportunista, que os políticos fan de distintos termos, fai que a palabra perda o significado e, polo tanto, a forza expresiva, aumentando a falta de credibilidade que afecta, en xeral, á cras dirixente. Dí o diccionario que “inmediato” significa “contiguo, moi cercano”, ou que “sucede de contado, sen tardanza” Pódese decir que nos gobernantes iste mal uso dase a cotío. Poñemos como exemplo dúas actuacións que se levan a cabo na bisbarra, e que no seu día anunciáronse de “inmediata” execución.. O ano 1994 celebráronse en Foz as primeiras Xornadas Históricas da Mariña. Un dos días analizouse o presente e futuro do turismo na zona, coa presencia do conselleiro do ramo, Sr.García Bobadilla. Houbo rolda de prensa con coñecidos xornalistas: Daniel Hortas, Ramón Pernas, Luis Mariñas, Elías Rodriguez, Antón Reixa… No posterior debate alguen preguntou ó conselleiro: ”¿ten o seu departamento prevista algunha inversión na bisbarra”? O interpelado asegurou que tiñan entre mans certas cuestións, pero que de “inmediato” ían a realizar obras de conservación e rehabilitación no pazo de Tovar, en Lourenzá. Pois parece que agora, 17 anos despois daquel anuncio, faise realidade. ¿Qué entenderán os políticos por “inmediato”?. En febreiro de 2008 fixo unha visita á Mariña o presidente de Portos da Xunta, En Foz convocou unha reunión o señor alcalde á que asistiron os presidentes da Confraría e o Clube Náutico, algúns directivos e outras persoas relacionadas co mundo do mar, e tamén este cronista. O que se tratou alí resultou frustrante para os presentes, aínda que non, acaso, para todos. Pero sempre a mesma engañifa: que estaba a redactarse o plan director de Portos e que se contemplaría a posibilidade dun deportivo para Foz, algo que sabíamos incerto, pois había tempo que aquel organismo o tiña desbotado. Pero, eso sí, ó marchar asegurou que, de “inmediato”, ía a dragarse a dársena. Pasaron tres anos, e agora estase neso, e non sen polémica, motivada polo traslado da area. Unha suxerencia: mandala polo aire. Pero, por favor, ¡que non sexa de “inmediato”!…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES