Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio horario

lunes, 28 de marzo de 2011
De novo, cambiamos oficialmente a hora, alterando os nosos costumes diarios en ben dun suposto e necesario aforro enerxético que varía en función de quen opine sobre el, indo desde o 0,5 ou un por cento ata o cinco por cento se atendemos ós casos máis escépticos e ós máis optimistas cálculos.
Que cómpre aforrar enerxía é crenza global, sobre todo se temos en conta que a enerxía é un ben escaso e costoso, e nos últimos trinta anos tense duplicado en España a avidez enerxética. Pero alguén debería estudiar, informar e convencernos de que cambiando oficialmente a hora se fai un importante aforro por adaptar as nosas rutinas a unha maior utilización da luz solar na primavera e no verán.
A necesaria unidade – suponse- de horario entre os territorios que conforman a nación española propicia unha grande diferencia entre as circunstancias de Barcelona e A Coruña, por poñer dous exemplos da máxima lonxanía entre cidades, que é de preto dunha hora de realidade solar dentro do mesmo horario legal.
E mentras paises da mesma latitude, como por exemplo Portugal, están suxeitos ó horario do meridiano de Greenwich, e a Galicia corresponderíalle esa mesma hora oficial, temos unha hora de diferencia por cuestións que aparentemente poden ser políticas, cando a física é a que debe rexer en temas coma este, por riba de calquera consideración de conveniencia gubernativa.
Nestes tempos, a conveniencia do cambio de hora está marcado por directivas europeas, pero é competencia de cada país a fixación da súa hora oficial. E do mesmo xeito que o criterio de unificar a hora nun territorio depende de cada goberno, o posible e difícil cambio depende dese mesmo goberno e dos criterios que poida aplicar en cada momento.
Seguiremos a ter a mesma hora oficial, pero moi diferente horario real entre os extremos da península Ibérica. Cada seis meses estaremos de estrea de cambio de horario. Como agora mesmo. Todo sexa polo aforro, que agardamos sexa sustancial, importante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES