Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pinturas e fracasos

lunes, 28 de marzo de 2011
A pasada semana, na compaña de dous benqueridos amigos, viaxamos a Santiago. Achegarse á capital do país sempre paga a pena, pois trátase, como é sabido, dunha cidade engaiolante, un libro aberto ó coñecemento e disfrute de mil aspectos do mundo da cultura, da arte e da historia. Por iso, parodiando ó calvinista Enrique IV que, por razóns distintas, dixera aquilo de “París ben val unha misa…” diremos nós que a visita a Compostela compensa sempre o esforzo que a un poida significarlle. Pero amais desta consideración xenérica o noso desprazamento tiña un obxetivo prioritario: contemplar na histórica Casa da Parra, na mesma praza da Quintana, a mostra, baixo o título que encabeza estas liñas, dunha parte significativa da obra pictórica do prestixoso e polifacético intelectual, tan vencellado á nosa bisbarra, Isaac Díaz Pardo. Nela, medio cento de cadros, que amosan a evolución da súa arte, dende os comezos ata que a abandonou, polos anos 70, cando era prestixoso e cotizado artista da paleta, para volcarse noutras iniciativas empresariais, vencelladas coa arte e a cultura autónomas e das que o icono das mesmas atópase no noso contorno.

A grande maioría das obras expostas pertencen á súa colección privada, excepto a serie “Xentes”que as miradas, e as mans das figuras, impresionan ó espectador, logrando tal expresividade que non precisa ler o título para coñecer a mensaxe. Como se di no catálogo: “ a exposición recolle unha variada mostra temática e temporal, dende un temperán autorretrato ata a que considera a súa derradeira pintura, o óleo sobre lenzo “Xentes que ollan”, incluindo moi diversas e belas composicións, esbozos, retratos, os estudos sobre a parella e a fermosa e coñecida obra de gran formato “O concerto da zanfona”.

Rematado o balbordo xacobeo, sen crases na Universidade, Santiago ofrecía o encanto engadido da paz e a tranquilidade. Trala visita a esta “Pintura e fracasos”, que Isaac anuncia como a súa derradeira exposición, aproveitamos a tarde primaveral para percorrer distintos puntos de tanto interese cultural que a histórica cidade ofrece ó visitante. Unha gozada.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES