Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feligreses sen recursos

martes, 22 de marzo de 2011
A aparición de novos curas que eran á súa vez curas novos nos anos sesenta e setenta marcou un antes e un depois na Igrexa galega, que deste xeito respirou os aires do Vaticano II. Ou foron estes aires os que cambiaron a Igrexa galega, que resultou influenciada polos tamén novos aires que soplaban nas terras de Galicia.
O resultado foron novos tempos que aínda hoxe se viven en moitas parroquias, que gozan dos servizos de curas que atenden ó divino e máis ao humano, que actuaron e actúan ó dispor duns feligresos que van a menos en número, medran en anos, e saben que teñen no seu crego un indispensable valedor.
Moitos destes cregos deixaron de cobrar ós feligreses polas súas misas, enterros ou calquera outra celebración, sostendo as actividades parroquiais con donacións, aportacións particulares e, non poucas veces, dos seus propios fondos.
Por unificar criterios, o Bispado de Ourense ven de facer pública unha instrucción sobre os cobros de estipendios polos párrocos, na que destaca que han de celebrarse os oficios de forma gratuita cando o feligrés careza de recursos.
Na Igrexa está moi claro quen se preocupa polos temas temporais e quen non, e os feligreses saben tamén como comportarse en cada caso, pero están moi ben eses toques de humanidade –máis aínda se veñen da xerarquía- que marquen liñas de conducta nun terreo tremendamente sensible, onde os que teñen menos recursos deben ser preferidos sempre ós que non teñen problemas económicos.
Canto menos atenda ós bens temporais máis nosa será a Igrexa galega. E moito se ten avanzado neste camiño cheo de espiñas, pero tamén moito nos queda por andar para que poidamos todos recoñecernos mirándonos nela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES