Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crise nos cines de Galicia

lunes, 21 de marzo de 2011
Nos tempos dos monopolios, o cine viña ser un monopolio social. Monopolios eran a Renfe para o transporte por ferrocarril, Campsa para os petróleos, Telefónica para as comunicacións ou Fosforera para os mistos. E o cine, por moita liberdade de empresa de exhibición que houbese, viña ostentar o monopolio da diversión social nas longas tardes e noites daqueles tempos.
O primeiro e durísimo ataque á exhibición cinematográfica veu da televisión, máis aínda cando logo foron varias, moitas cadeas que foron conseguindo un papel preponderante porque ó entretemento uniron a información. E os diversos artiluxios audiovisuais que viñeron despois, fixaron ós galegos nas súas casas especialmente nos invernos, subministraron cine directamente sen intermediarios, e foron creando unha masa de espectadores anclados ós seus sillóns, difíciles de mover hacia as cada vez máis lonxanas – e caras – salas de exhibición cinematográfica.
As cifras son tremendas: Nun ano, en Galicia houbo medio millón de espectadores menos, cunha baixada de arredor dun once por cento mentras que no conxunto de España a baixada non supera o 7,5%.
Cada vez que se fala de cine en Galicia sacamos a relucir o precio das entradas (algo máis de seis euros por sesión), o mal tempo do inverno que non anima a sair da casa, o cada vez menor número de cines e as innumerables ofertas da televisión. E a falta de costume, que xa nos desafixemos de acudir ó cine as fins de semana e só acudimos ós grandes reclamos, ás proxeccións cinematográficas que chegan precedidas pola aura dun Oscar, un premio en Cannes ou a última de Luis Tosar.
Hai crise nos cines de Galicia, nos cines en xeral. E cando o cine parece ter máis vida, canto máis se planifica a difusión de cada película, máis se inviste e máis se cuida, menos florecen os cines tradicionais. Quizais ese desfase só teña xustificación en que hoxe o cine chega a nós por innumerables canles, sendo a máis tradicional – tamén a máis caduca e a de maior impacto- a das salas de exhibición, das que nos estamos esquecendo.
E sen embargo, xa que o cine non morrerá, os cines non poden morrer. E haberá que buscar fórmulas imaxinativas para conseguir que sigan a gozar do favor dos galegos. Que medio millón de espectadores menos son moitos galegos retirados dun medio que moveu masas e aínda ten que seguir a ser moi importante para o lecer e o entretamento das xentes deste país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES