Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As procesións dos nenos

lunes, 21 de marzo de 2011
Na Semán Santa pasada poiden disfrutar dunha sinxela exposición de pequeñas réplicas das imaxes da procesións dos maiores, en Viveiro, e que agora forman parte da dos nenos que, según me contan, imitan de tal xeito á dos adultos, que ata levan réplicas das autoridades e damas de acompañamento, cas súas mantillas españolas, entre outras lindezas. Celébrase na semán de Pascua. Na exposición en cuestión, estaba atendendo ó público unha rapaza, filla do meu benquerido José Luís Rivera, do que está a aprender o verdadeiro espiritu franciscán. Relevo xeneracional que disfruto con auténtica ledicia. Isto recordoume os meus anos de neno cando, aló na Zapatería, xuntábamonos algúns nenos de seis o sete anos e facíamos a nosas procesións, que non só eran moito máis pobres e sinxelas, senón que resultaban moi simpáticas. Imaxínense vostedes a necesidade e miseria que había naqueles tempos que o Cristo era sempre algún crucifixo, feito de calamina, arranchado das caixas dos difuntos. Daquela sacábase, antes do soterramento do morto en cuestión, e levábase para a casa, para poñelo enriba do cabeceiro das camas, coa didáctica misión de que a pasión de Xesús sempre estivese presente nas nosas vidas. Cando lográbamos que as nosas mais no lo prestaran, presidían as nosas infatís procesións. ¡Aquelo era todo unha conquista!, e as nosas mais gañaban unha aura de bondade. Tamén usábamos moito, aínda que non pegara moito, una santa Rita, que aínda que nunca a viramos nas procesions dos maiores, ó fin e ó cabo era amiga de Xesús. Había moitas imaxes dela, porque era devoción de tódalas casas, e nalgúns casos moi necesaria, pois ela debe se-la patroa da violencia de xénero. Outra imaxen moi socorrida era a Virxe de Fátima, xa que daquela eran os tempos en que D. Vicente Gradaille lograra facela famosa, aló en Bravos. Tradición que me din se conserva, e que case sempre remata con larpeirada, neste caso de tortillas e chourizos, na casa de Eladio, en Galdo. Nós, para face-las procesións, tiñamos que financiarnos conseguindo algunhas motas en cantos sitios era posible: os bolsillos de pantalóns dos nosos pais, vendíamos algúns ferros na chatarrería, usábamo-la propina, que hoxe chaman paga dos domingos, e que recibíamos algúns, vendíamos os chistes vellos na tómbola… ata alcanzar o prezo dalgún novo santo que poideramos mercar na tenda de Paco Fanego. Aquela tenda que se chamaba Élite, e nosoutros, ignorantes da acentuación, convertíamos en palabra llana. O santo más desexado era o Cristo de Medinaceli e… ¡Conseguímolo! O primeiro día, ó pasar pola Porta da Vila, ó doctor Triviño, que era un médico moi apreciado en Viveiro, fixémolle tanta gracia que nos deu un peso. ¡Un peso! ¡Non o esquencerei nunca! ¡Un peso! Empezamos a berrarnos uns ós outros, esquecendo o fervoroso silenzo co que desfilábamos, e mirando para o plato da petitoria para comprobar que era certo. A ledicia non poden vostedes imaxinala. Aquela algarabía quedou cravada no meu corazón como a lanza que lle lanzaron ó Salvador. Como consecuencia daquela feira, casi todolos santos houberon rematar no chan. E de feito caeu e esnafrouse a Cruz desnuda, que estaba feita de dous barrotes que colléramos na serrrería de D. Carlos Amat. Por suposto, o sudario era un trapo branco. E gracias que o tiñamos. D. Ramón pasou a ser un novo santo sen arqueta nos nosos agradecidos corazóns. Éstas eran todas de táboas, que íamos atopando na tintorería do meu pai ou na tenda da Vilacampa. As puntas todas eran recicladas e tiñamos que botar mau de algún bó adulto para que no las endereitara. Ás veces, cando era a hora da procesión e faltaba algún cativo, víamosnos obrigrados a levar dous varales un só, un con cada mau. Tamén dispoñíamos dun tambor de neno, procedente dos Reises de Oriente, que se encargaba de que a xente saíra a vernos e botasen un sorriso a falta de motas. O tambor era outra cousa de moita tradición viveiresa, pois presumíase dos Flechas Navales, que eran uns cincuenta, e tocaban moi ben. Laboura que o pobo recoñocía na figura de D. Luis Cebreiro, o ayudante de Marina (sic). Por suposto, tamén rivalizábamos cos cativos dos outros barrios coma Santa María, a Praciña, Luis Trilles ou a Ribeira. Pero facíamolo case de oídas porque A Zapatería, Porta da Vila, rúa dos Ferreiros e a Feira era o noso territorio e as nosas mais só facían excepcións de alonxarnos coa procesión e cousas parellas. Por tanto, o casco de Viveiro dispoñía de catro ou cinco procesións de nenos, a cada cal máis original, e sobre todo, simpática. E para rematar direilles que curiosamente o que nunca esquecíamos era pasa-la bandexa, que era un plato vello e había que termar moito que non rompera porque xa sabíamos da dificultade de repoñelo. Cecais fose unha lección moi consciente daquel vello sr. Benigno do Santano, o sacristán de San Francisco,que sempre ía, na procesión dos Apostolos dos maiores, pedindo unha axuda para a sempre pobre Terceira Orde Franciscán.

Hoxe, coa perspetiva do tempo, cónstame que os nenos son tremendamente simpáticos cos seus zapatos de tacón, mantillas, traxes de autoridades e outros elementos a cada cual máis graciosos. Alégrome moito por eles e agradezo a boa laboura de quenes axudan a que as procesións resulten tan fermosas, non embargantes, coido que é necesario que os picaros participantes se esforcen para seren eles os que traballen para realiza-las cousas, aínda que sexan moito máis feas, porque dese xeito valorarán todo moito máis Que ninguén vexa na miña opinión unha crítica negativa senón unha humilde colaboración ou suxerencia despois de corenta anos de mestre. Reitérolles a miña gratitude e o desexo de que tal sementeira sirva ó verdadeiro espíritu da Semán Santa. Pola miña banda permítaseme disfrutar desa vella lembranza que quero brindar ós meus neniños.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES