Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

25 anos da Mancomunidade da Terra Chá

jueves, 17 de marzo de 2011
Os anos pasan rápido pero non tomamos conciencia deles ata que pasa un número determinado que redondea o tempo. Pasan vintecinco anos, e parece pouco, pero resulta que comprobamos que é un cuarto de século. E eso xa é unha cifra moi importante.

Eso é o que ven de cumprir -un cuarto de século- a Mancomunidade da Terra Chá, que está formada polos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei e A Pastoriza. Pero Vilalba non pertence a ela, entrándome a dúbida se pode ser chamada Mancomunidade da Terra Chá unha á que non pertence a capital natural da comarca.

En tempos non había Terra Chá, que só se chamaba “Tierra llana”, así en castelán, a unha zona de Cospeito e Castro de Rei, que reunía as condicións perfectas para ser chamada así, que en parte foi repoboada a comezo dos anos sesenta por colonos que viñeron de Navia de Suarna, especialmente de Ernes, cando as súas terras se viron asulagadas por un embalse.

Pero logo veu Manuel María e contounos nun libro perfecto o que era a Terra Chá, onde chegaba, que ocorría dentro dela, e que pasaba en nós para poder considerarnos chairegos, e que ocorría na Chaira para que nós formasemos parte dela.

Naqueles tempos, a Terra Chá era amplísima, collía boa parte do centro das terras lucenses, e ía desde Abadín a Meira, da Pastoriza a Guitiriz, de Friol a Pol, de Outeiro de Rei a Vilalba.

Pero logo a Administración complicouse. Dunha administración central, outra provincial e outra local, pasouse a ter outra autonómica. E comezaron a nacer Fundacións, organismos autónomos. E hoxe a Terra Chá é unha Mancomunidade formada por cinco municipios, unha Fundación, e algunha figura legal máis, que fan posible que na Terra Chá entre Muras, que xeograficamente coñezo ben e de chá ten pouco, pero falta un organismo que englobe todo o territorio que é planicie e ten unhas características determinadas, ampliado ou non, segundo se considere que houbo un tempo no que, por similititude xeográfica, os concellos de Corgo e Castroverde estaban unidos á Terra Chá a efectos de demarcación relacionada co IRYDA, o entón Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario.

É sabido que as Mancomunidades son organismos que se forman de xeito voluntario por parte de quen os componen, e que houbo un tempo -1985- no que os cinco concellos que a forman se constituiron en Mancomunidade da Terra Chá, polas razóns que fosen. Pero vintecinco anos despois, con resultados que sen dúbida foron excelentes, debería pensarse en que os froitos poderían ser moito mellores de aglutinar a maior número de concellos, e que a Terra Chá podería figurar en todos os mapas, con todo o dereito, cunha maior fortaleza e amplitude entrando na súa composición administrativa e política o resto dos concellos da comarca, en lugar de andar por libre.

Sempre estaremos a tempo deso, pero dentro dun par de meses haberá eleccións municipais na comarca. E esta unión podería moi ben ser un dos obxectivos ou puntos do programa electoral dos que aspiren a gobernar os nosos concellos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES