Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lucía Pérez

viernes, 18 de marzo de 2011
Luca Prez Por primeira vez na historia, unha galega vai representar España no Festival de Eurovisión, certame que se non ten o renome ou nivel de edicións anteriores, segue a ser unha importante competición onde os artistas e a industria discográfica compiten por gañar os favores dun público sempre entusiasta.

Lucía Pérez é unha rapaza da aldea de Goo, no Incio lucense, que desde os primeiros anos da súa vida ven demostrando nos escenarios que o seu é cantar. Comezou nos palcos das festas do seu concello e no contorno, cantou nos programas en directo da primeira televisión local das terras lucenses -Televisión Lugo-, para logo pasar á Televisión de Galicia, ó festival de Viveiro ou, cruzando o Atlántico, ó de Viña del Mar.

Leva máis da metade da súa vida loitando por cantar, e por fin conseguiuno. Porque se xa foi un triunfo tremendo situarse na lista dos máis votados para ser a eurovisiva do 2011, conseguir a representación sobre todos os demais participantes demostra que esta rapaza sabe o que quere e loita por conseguilo.

Que a canción que vai interpretar é manifestamente mellorable é opinión maioritaria, pero por encima de calquera outra consideración existe a calidade e ímpetu desta rapaza loitadora que sabe que está no momento máis importante da súa carreira, pero tamén sabe que chegou ó lugar envexado por milleiros de intérpretes que soñan con ser alguén no mundo da canción.

Desexamos para Lucía Perez, do Incio de Lugo, o mellor resultado no Festival de Eurovisión; confiamos no seu triunfo. Pero, sobre todo, desexamos que despois do Festival siga a ser a mesma Lucía humilde, sorrinte, sinxela e sensata de sempre, galega e natural, que ten toda unha vida e unha gran carreira musical por diante. Pase o que pase en Eurovisión, Lucía xa ten gañado o festival nos corazóns dos galegos. E será “nosa” por sempre.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES