Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O patrimonio dos políticos

jueves, 10 de marzo de 2011
Sabendo que o exercizo da política pode ser unha importante fonte de enerxía económica, hai unha forte tendencia de demandar ós que se dedican a esta arte, que declaren o seu patrimonio antes de comezar a súa traxectoria pública para comparala co que resulte ó final dun mandato ou da súa vida política.

A demanda parece perfectamente lícita, aínda que se poida dubidar da súa efectividade, que todos sabemos que o mesmo que hai unha grandísima diferencia entre a opinión pública e a opinión publicada, a mesma diferencia existe entre o patrimonio dunha persoa e o patrimonio público ou publicado desa mesma persoa.

Son contados os casos dos políticos que, dedicados ás cousas públicas, resulten perxudicados polo seu exercizo do poder, mesmo se o desempeño foi todo o honrado que é de desexar. A mesma exposición ó público, a capacidade de relación, os coñecementos conseguidos, o exercizo da política en fin, veñen normalmente sentando ben ás persoas e ás súas traxectorias, ós seus negocios, ás súas xentes. Hai casos en que o exercizo do poder perxudica ó que o desempeña. Pero son minoría.

Está ben que os políticos declaren o seu patrimonio. O que figura ó seu nome. Pero hai outros bens que poden non figurar nesa declaración, outras posesións difíciles de cuantificar. Do mesmo xeito que, cando remata o exercizo da política, é moi difícil cuantificar a propiedade indirecta, o aprendizaxe, os bens morais, a suma total dos beneficios e perxuizos posuídos ou sufridos.

Á política sentaralle ben que os políticos declaren os seus bens, porque aparentemente cúmprese co espíritu herdado dos romanos de que o home público non só debe ser honrado senón tamén parecelo. Pero o resultado efectivo non pasará de ser unha maquillase, unha operación de estética. E pode moito máis a percepción da xente sinxela de cómo evolúe un político na súa consecución de poder e riqueza que todas as declaracións e inspeccións do mundo.

Pero se o mundo político se sente máis a gusto coas declaracións, que as faga. Non valerán de moito, pero quedan ben, que é o que se trata.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES