Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co amor non basta

lunes, 28 de febrero de 2011
A escola da vida: Co amor non basta

Dicía Bruno Bettelheim que co amor non basta para educar a un fillo. Referíase este educador psicanalista a que amar a un fillo é importante, pero tamén o é o que se lle dean outras moitas cousas, como poden ser os valores, as normas e a disciplina, para que co tempo consiga acometer todos os procesos que implica vivir acorde coa cultura da sociedade na que lle vai a ser necesario integrarse.

Ser pais supón unha aprendizaxe constante que conleva bos e malos momentos, pero, sobre todo, a responsabilidade de obrar en cada un deles con criterios razoables. Por iso, alarmámonos cando aparecen persoas que suxiren restricións extremas para a educación dos fillos. Este foi o caso de Amy Chua, unha nai americana de orixe asiático que se lle ocorreu ventilar publicamente nun libro as súas razóns sobre a educación dos seus fillos. O pretendido manual leva por título Himno de batalla da nai tigre. O de batalla parece que hai que interpretalo ao pé da letra, pois ela di que cos fillos hai que actuar baixo unha disciplina extrema, restrinxíndolles todo aquilo que para o neno é algo natural na nosa cultura, como poden ser os xogos, estar cos amigos, poder ver a televisión, xogar no ordenador ou participar nas obras de t razoables eatro do colexio.

As exixencias desta nai non se quedan aí. Tamén quere que non baixen do sobresaliente o que toquen exclusivamente o piano ou o violín, pois, segundo a súa falaz teoría, son os únicos que forxan o seu carácter. Curiosamente, está nai é profesora de Dereito na Universidade de Yale, pero parece nunca debeu chegar ao tema dos dereitos da infancia.

O feito de que algúns países orientais puntúen alto nos informes educativos internacionais grazas ás súas estritas normas de comportamento e educación leva a que algúns vexan razoables as propostas de Amy Chua. A eles hai que indicarlles que a alienación destas sociedades quizais tamén sexa debida a esta educación restritiva nos valores persoais, o que para os occidentais é algo totalmente absurdo e mesmo superado.

Todo isto lévannos a unha conclusión palmaria: en educación os extremos nunca son bos. Non se pode avogar nin pola educación espartana desta nai tigre nin pola excesiva permisividade baseada exclusivamente no afecto, ao neno haberá que ofrecerlle outros elementos cos que poida completarse como persoa.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES