Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mal de vellos

viernes, 25 de febrero de 2011
Os nosos sabios devanceiros asumían a existencia dun mal de vellos que afectaba a un determinado número de persoas, e que se caracterizaba e se caracteriza pola perda de facultades intelectuais e físicas, de xeito que co avance da idade se retrocede cara as primeiras etapas da vida.

O que en tempos afectaba a un número relativamente curto de persoas vai en aumento porque en aumento foi a nosa esperanza de vida, estimándose que na actualidade en Galicia son arredor de 50.000 as persoas maiores con este “mal de vellos”, dos que arredor de 35.000 padecen o terrible mal chamado de Alzhéimer, que destroza a mente das persoas deixándoas reducidas a obxectos case inanimados.

Se se considera que cada enfermo con esta problemática complica ou precisa de tres persoas do seu contorno vital, resulta que o problema afecta case ó dez por cento da poboación galega, aqueixada de dependencia grave e de dedicación extrema dentro da familia.

Hai que saudar o papel da Xunta de Galicia, en concreto do departamento da Sra. Mato, que ven de publicar o primeiro manual sobre o Alzhéimer que se edita en España e traballa na formación de cuidadores non profesionais, dos que leva xa preparados máis de mil e prevé formar nos próximos meses outros tres mil. Deste xeito non se soluciona o problema, pero facilítase o traballo deses familiares que se autoimplican no coidado dos seus enfermos, que xa é moito.

Seguro que a ciencia vencerá algún día estas enfermidades por agora incurables, negra lotería que nos perseguirá nas postrimerías da vida, que sufriremos colectivamente preferentemente nos ámbitos familiares, en silencio, pero – e de desexar, e parece que estamos no bo camiño- con instrumentos que nos axuden a sobrelevar o que parece unha plaga bíblica que se garda para o remate, perfectamente diagnosticada en tempos pretéritos como “Mal de vellos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES