Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas, Mondoñedo

viernes, 18 de febrero de 2011
Permítame, lector amigo, que por esta vez, deixando á marxe a temática que é habitual nesta miña colaboración semanal, sempre referida a cuestións de maior ou menor interese da actualidade, ou a retazos da historia entrañable do noso contorno, a utilice hoxe en beneficio propio, en canto que plataforma axeitada para, dende ela, expresar públicamente a miña gratitude á cidade de Mondoñedo, onde o pasado domingo fun obxeto dunha homenaxe nunca esperada nen, moito menos, demandada.
É certo que a miña relación coa histórica cidade é vella e moi entrañable; é verdade que alí tiven sempre, dende moi rapaz, e teño na actualidade, moitos/as e moi queridos/as amigas/os.. É innegable que son moitos os afectos mútuos; que sempre tivemos a cidade e quen suscribe unha profunda relación e mesmo unha actitude de colaboración mútua que se prolongou dende hai décadas. A nosa, certamente, é unha historia un tanto atípica, sempre allea a todo interese material nen de outro tipo, baseada exclusivamente nun concepto que para un forma nos primeirísimos lugares da escala de valores da vida: a da amizade, que por outra parte non xurde por xeración espontánea e amplía e consolida as vivencias do día a día, sempre presididas pola nobreza e honestidade mútuas, polo agarimo, o altruismo e a xenerosidade, calificativos que definen maioritariamente ós mindonienses; e esa realidade é a única que pode xustificar o tan esplendoroso, emotivo e entrañable, inesquecible acto do que fun destinatario. E é así porque, xeralmente, este tipo de distingos, nos tempos actuais, soen ser pagos, ou recoñecementos, a persoas que de xeito destacado favorecen, facendo uso do seu poder, a unha sociedade determinada. Evidentemente, no é o caso do asignante: endexamais disfrutou de poder: político, económico, nen de outra índole. Non pudo, polo tanto, facer favores nen repartir prebendas. Cando a un entrañable amigo facíalle esta observación, pechoume a boca; “...isto, querido Suso, é outra cousa: isto é só amor”. Meus amados mindonienses: moitas grazas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES