Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encontro gozoso dunha filla e unha nai en Galicia Dixital

martes, 15 de febrero de 2011
Sabía que ía ser publicado en Galicia Dixital o poema “Elegía por la muerte de Francisco de Fientosa” de Elsa Vega. Sabíao porque teño a gran satisfacción de ter mediado algo en que así fose, grazas a ter participado no nacemento dunha nova amizade entre Xulio Xiz e a autora da Elexía. Pero esa mediación pouco importa agora. Se me poño a escribir estas liñas é para deixar constancia da emoción que me produciu ver publicado nun medio galego algo desta muller excepcional, profesora de literatura xubilada, traballadora incansable e loitadora empedernida, nacida en Arxentina, filla de nai catalana e de pai galego, pero cunha considerable desproporción nos seus xenes. Ten moitos máis galegos ca cataláns, con todo o respecto para súa nai, que aínda vive e leva con enteireza os seus noventa e tantos anos. A parte galega chegoulle a Elsa por un irmán do gran poeta Francisco Vega Ceide ou Francisco de Fientosa. Este home extraordinario foi fillo de Castro de Rei. Ao longo dos meus estudos académicos ninguén me falara del. Quen o fixo primeiramente foi outro fillo egrexio destas terras, Don Xosé Trapero Pardo. Díxome, cando eu aínda era un rapaz, que Francisco da Fientosa tiña, como poeta, a talla dun García Lorca. Despois, Ricardo Polín que fixo un amplo, ben documentado e erudito estudo sobre este escritor e a súa obra, confirmoume a afirmación de Trapero. Emilio Sinde gran namorado de Fientosa e teimudo recompilador da súa obra foi quen nos puxo en contacto a Elsa e a min; pero cando eu fun a Bos Aires, ela fíxome o grandísimo agasallo de viaxar nada menos ca uns mil quilómetros desde Mendoza para coñecérmonos. Coñecela foi unha das grandes satisfaccións da miña vida. Foi unha bendición de Deus. Poder deixar no Centro Galiza daquela cidade acolledora de galegos o libro de Polín “Á PRIMEIRA LUZADA”, no que recolle as obras completas de Fientosa, dedicado por Elsa, foi a realización dun dos máis acariñados soños da miña vida.

Sei, porque ela mesma mo dixo, que polo feito de poder colaborar en Galicia Dixital Elsa, que xa era visitadora deste portal, sente máis preto esta Terra pola que suspira e ao mesmo tempo tamén sei, por intuición sentimental, que o corazón desta Terra latexa con meirande emoción por sentir máis preto a unha filla que sobreviviu na diáspora.

E para rematar pregunto eu: ¿Haberá algún lector de Galicia Dixital que non escoitase falar algunha vez de Lorca? ¿Cantos sabedes ou lembrades quen foi Francisco da Fientosa? Sospeito unha vez máis que o problema non é a falla de memoria, senón a mutilada aprendizaxe.

Adiviño por entre as nubes o sorriso de Paquiño de Fientosa, anxo adulto, ao ler á súa sobriña na Galicia de sempre grazas a Galicia Dixita. Chegoume aviso desde o Alén de que Emilio Sinde non ceou coa emoción no banquete eterno o día que saíu publicada a Elegía de Elsa.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES