Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Televisión Lugo

jueves, 20 de enero de 2011
Foi no remate de novembro cando un anuncio publicado nun xornal daba conta da defunción de “Televisión Lugo,S.A.”, por cese na súa actividade social, disolvendo e liquidando a sociedade que presentaba un activo de cero euros e un pasivo de igual nivel despois de recoller resultados negativos de exercizos anteriores de arredor de sesenta mil euros.

Non quere esto dicir que a estación local televisora que naceu con ese nome deixase de emitir, senón que agora é outro o nome legal da empresa que a posúe, sendo este que agora desaparece pura reminiscencia daquela libre emisora de televisión local que naceu na capital lucense en outubro de 1994.

Houbo quen cando veu na prensa esta defunción me chamou para darme o pésame, pensando que algo tiña aínda que ver con aquela xa vella iniciativa. E tiven que explicar que nós, os fundadores e rexedores durante catro anos daquela feliz aventura, en novembro de 1998 abandonamos a nave, que cambiou de tripulación e rumbo, conservando o nome legal.

Televisión Lugo foi unha teima imparable de Carlos Rodríguez Arias, que entre a súa familia e a miña e un gran número de amigos e colaboradores, conquistou o eter lucense demostrando que a liberdade informativa era posible e rendible, para os que saben afrontar imposibles.

A noticia de que desaparecía a empresa con tal nome, non me deu frío nin calor. Para min, e para moitos, Televisión Lugo verdadeiramente morrera había doce anos, cando entrou na historia da televisión local. Cando deixou de ser nosa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES