Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Clase turista

miércoles, 19 de enero de 2011
As autonomías, e moito máis os concellos, carecen de competencias fóra do seu territorio, que a fin de contas son entidades cunha base física que lles proporciona a súa razón de ser. E sen embargo son numerosas as expedicións que se organizan para visitar outros territorios, preferentemente ultramarinos, onde residen compatriotas que hai moito tempo deixaron de estar fisicamente entre nós.
A necesidade de manter os vínculos de relación entre os galegos da metrópoli e os da diáspora xustifican estas viaxes, avivada esta necesidade polos decisivos votos para moitos gobernos que procederon de máis aló do Atlántico.
Estase agora no Parlamento pendiente de decidir sobre o código ético que a Xunta ven de presentar para regular as viaxes oficiais dos altos cargos autonómicas ó exterior, de xeito que se proceda de acordo cunha pauta que rexerá nesta e noutras etapas do goberno de Galicia.
Que non está o problema no número de visitantes nin do lugar que estes ocupen nos avións. Porque o de que os nosos gobernantes teñan que viaxar en clase turista e en linea regular para as incursións por Europa parece un canto ó sol, podendo darse o caso de que as autoridades viaxen en esa clase, “de segunda”, mentras que os empresarios e persoas que os acompañen e paguen o seu billete vaian en lugar de preferencia.
O problema non está na clase, que tampouco van de turistas senón de viaxe de traballo. E non fai falla que se lexisle demasiado sobre o tema.
E se os técnicos na materia non saben como especificar cales son os matices que definen unha viaxe como necesaria ou non, multitudinaria ou non, conveniente ou non tanto, que llo pregunten pola rúa a calquera persoa que pase, e obterán unha clarísima definición do que se pode facer e do que en todo momento debe evitarse. Como en todo, o sentidiño é o que ten que impoñerse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES