Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Tertulia (II)

lunes, 17 de enero de 2011
Superadas as ledas (e nostálxicas) datas do Nadal, nas que se xuntan emocións e sentimentos que veñen a alterar o normal e monótono discurrir dos días vilegos, volta a vida á rutina, tan desexada por uns, como rexeitada por outros, mais amantes das variables vitais, da solpresa e mesmo do risco; plantexamentos, un e mailo outro, ós que non son alleas as idades dos individuos. Pasado o lapsus imposto polas últimas celebracións tamén a tertulia cotidiana, da que dimos conta en entrega anterior, volve á normalidade para debatir sobre os mil asuntos que a actualidade depara, aínda que nesta ocasión hai temas pendentes debido ós cortes producidos por tanta festa. Un deles son as declaracións que se cruzan os artífices da violenta ruptura do longo contubernio mantido por dous gurús da política focega.
As mútuas acusacións das que, de ser certas, ambos foron cómplices ou encubridores, poñen á vista a pouca credibilidade da que son merecentes. Xa Thomas Hobbe dixera que “o home é un lobo para o home”¿qué decir cando a loita se da entre manadas?…Sobre a mesa tertuliana, un tema non tratado: hai unhas datas era noticia que íase a gastar unha millonada en cubrir de céspede artificial boa parte dos campos de fútbol da Mariña.A nova ben merece o debate, posto que a cotío se nos lembra que estamos en crise tal, que mesmo obriga a recortes drásticos en atencións de vital necesidade e que, polo tanto, as inversións que se produzan deben dirixirse a cuestións inaprazables, considerando a incidencia que as mesmas podan ter para resolver, ou axudar a paliar, a grave situación do desemprego…¿Tal plan é coherente con aqueles postulados ou é que as institucións non coñecen a crise?. Como é tradicional certas rúas de Foz luciron polo Nadal o alumeado artístico e soaron os vilancicos, por certo ningún deles galego. A música é universal e nese universo está tamén a nosa terra. Pregunta: ¿e que para o lexítimo e desexable coñecemento e disfrute de outras culturas -neste caso a musical- é preciso soterrar a propia? Nada se afirma nen se nega en canto antecede: sobre os temas debaten os tertulianos que, como teñen por norma, en nengún caso dictarán sentencia. Trátase só dun exercicio de terapia para a memoria e o raciocinio…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES