Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medrade e multiplicádevos

viernes, 14 de enero de 2011
A Cámara galega pérdese en ocasións en pequenas cousas, en detalles puramente políticos, cando o seu papel está chamado a ser protagonista da toma de conciencia de grandes temas que a todos nos preocupa, cámara de resonancia do que en Galicia acontece e do que Galicia precisa.
A máis recente ocasión na que os grupos políticos representados no hemiciclo se puxeron de acordo en algo trascendente foi a aprobación por unanimidade do programa de traballo dunha comisión que elabore un plan de dinamización xeográfica e de combate do serio problema da natalidade en Galicia.
A Comisión comezará polo diagnóstico do momento actual, a previsible evolución, a fixación de obxectivos, e a recomendación de accións a emprender.
Fuxiremos daquela idea que indicaba que para que un tema permanecese intocado a mellor solución era crear unha comisión que o estudiase. Polo contrario, queremos, necesitamos confiar no traballo desta comisión e de que as conclusións ás que chegue van ser aceptadas polos gobernos afectados e inspirarán lineas de traballo no futuro.
Porque a situación é moi clara neste país envellecido no que case non nacen nenos, ou nacen moitos menos dos necesarios, e se os nenos son o futuro estamos erguendo un muro diante dos nosos ollos co que algún día tropezaremos. Desta comisión, do seu labor, depende moi boa parte do noso futuro. Por eso, necesitamos crer nela e no resultado do seu traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES