Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coma mortos

jueves, 13 de enero de 2011
“Vaise pechar unha casa máis” é unha obra de teatro de Xosé Manuel Carballo Ferreiro que hai arredor de tres décadas reflectía a problemática do abandono do rural, do esmorecemento dunha sociedade tradicional no que a cotío se ían pechando casas por morte dos seus propietarios ou porque algún deles se trasladou á cidade.
Trinta anos despois, o problema segue agudizándose cada vez máis, pechándose máis casas no rural, pero tamén no urbano para emigrar a zonas máis poboadas ou mellor dotadas as zonas e as vivendas.
Resultado de mortes ou trasvases é que Galicia na actualidade ten arredor de 28.000 casas ou pisos deshabitados, tendo aumentado no último ano un vinte por cento, mentras que o aumento medio en España foi do doce por cento. A esto hai que sumar, aínda que o problema é moi outro, a existencia de arredor de entre dez mil e trinta mil vivendas, segundo as estimacións, que en Galicia agardan por un propietario que queira adquirilas e darlles vida.
Polo que a estes novos pisos se refire, e dos que se estima que non van baixar máis os precios, fai falla que a coxuntura mellore e se asente a aínda inestable situación dun sector co que empezou todo o problema da crise que nos afecta. Pero o verdadeiro problema social está nesas vivendas baleiras, coma mortos que perviven dentro da vida que as rodea, agardando por unha operación rescate que quizais nunha ha chegar.
Son mortos baleiros, estructuras que loitan por manterse en pé, na aldea máis alonxada ou no máis céntrico das cidades, que evidencia que non existen na nosa sociedade mecanismos que regulen unha evolución das familias, das xentes, apegadas a un lugar, senón que vivimos nun contínuo fuxir na percura de quen sabe que destinos. E se os edificios baleiros son coma mortos, coma morta está unha sociedade que non sabe cara onde vai.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES