Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un paseíño pola España de hoxe

viernes, 07 de enero de 2011
Non é a primeira vez que en España nos encontramos coa dicotomía das institucións, por un lado, e coa realidade política e económica do corpo social, por outro lado, agravada a situación con un tufiño de desprestixio no facer político, que nada teñen que envexar ás doutras ocasións da súa historia. O que ocorre é que nesas ocasións da posterioridade o pobo tiña un certo optimismo e albiscaba a apertura de horizontes que alimentaban a esperanza da introdución doutras formas de facer as cousas, mentres esos horizontes están hoxe difuminados polas esixencias do compromiso globalizador das funcións transcendentais dos estados. Si…, intuimos os españois que isto non vai de todo ben, mais non parece que teñamos moi claro a onde temos que dirixirnos: temos importantes indecisións internas e non poucas ripas externas, por fora das nosas fronteiras.

Polo que a nosoutros respecta, sempre estamos falando das rexeneracións: “hai que rexenerar ó país”, ou máis modestamente, “as institucións políticas”, “económicas” (sustentabilidade!), “administrativas”, etc. Pero sempre queda todo como estaba, como non sexan medidas para o maquillaxe, de impacto popular e escasa transcendencia, cando non pouco oportunas e incoherentes nunha sistemática xeral do país e, incluso, a veces, do contexto mundial, no que sempre nos gustou fachendear infantilmente do innovadores e orixinais que somos.
Todos os días sacamos a refulxir a nacesidade de cambios nas estruturas, e cando facemos algo importante, como a institucionalización das Autonomías, ben sexa por un costado ou ben polo outro, xa aparece na palestra unha corrente de esixencias que desacouga o Estado: temos a virtude de non deixar tempo para que o que fixemos produza os seus froitos.
Sen embargo, aínda sabéndoo convinte, non se suprimiu o que era necesario e non se tocaron algúns organismos e institucións que serven de ben pouco ós cidadáns, como non sexa a un tradicional acomodo dunha innecesaria burocracia.

Supoño que habería que suprimir o darlles contido a institucións que están obsoletas, evitando duplicidades que máis incrementan os gastos ca eficiencia, porque o importante é sempre a mesma sociedade, o cidadán da pé , que chega a un mostrador con varios ordenadores e aínda ten que cubrir un impreso, para que non se lle poida atender ese día: un esperpento na era da informática. Urxe entrar, pois, no PARA QUE das reformas, deixando ao lado as disputas estériles. Quen dubida de como preformar o futuro institucional e administrativo é mellor que nin sequera o intente cambiar, porque sen proxectos claros o único que pode facer é exercer o PODER político, vagar pola verea do atónico, sementándoa de decisións mediocres e indecisas.

Sospeitan que ocorre nestes casos?. Que os mellores fuxen da política e gañan sempre os rubidores, movidos pola ambición persoal ou de poder: apaixónoos o SER non o SABER-FACER, e así nos luce o pelo a todos. Por iso, para cambiar a realidade non serven os aventureiros da política, senón os talentos verdadeiramente creadores, que ilusionan ós pobos e sálvanos da atonía. Por outra parte, se España quere de verdade atopar o seu norte, terá, supoño, que arbitrar instrumentos que lle permitan facer unha política estatal coas Autonomías, suprimindo organismos intermedios, totalmente innecesarios e custosos.
Pero para iso os responsables políticos teñen que coller o touro polos cornos, non agarrarse ao rabo para manterse cerca da ubre.

Polo tanto, haberá que facer que a vida local sexa intensa e rica, racionalizando o tamaño e rendibilidade dos concellos e facilitándolles unha existencia local axeitada e eficaz, con posibilidades dunha maior autodotación de medios.

E aínda así queda un problema que nos urxe resolver ós galegos e españois hoxe: evitar a captación clientelar das institucións, esmoucar a política de subvencións encamiñadas a cativar o voto e arranxar o sistema electoral de tal maneira que os cidadáns poidan rexeitar ó habitual dispensador de favores. E penso que debía fortalecerse o papel das Autonomías, pero sempre dentro dos límites, ben definidos, das súas atribucións, rompendo coa patrimonialización “nacionalista”, pero respetando ao máximo os seus patrimonios culturais, porque a suma de autonomías febles non pode nunca dar un Estado nacional rexo.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES