Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo é fume

lunes, 03 de enero de 2011
Coa entrada do novo ano, un novo tempo de fume se establece entre nós, dándose unha volta de torniquete no ataque a un xeito de vida que imperou entre nós durante séculos.
Nas últimas décadas fomos testemuñas do cambio de opinión en relación co feito de fumar, en público ou en privado. De aparecer fumando os protagonistas de obras cinematográficas ou teatrais, os políticos, os ensinantes, os profesionais de prestixio, como símbolo do papel do tabaco nunha sociedade dependente del, pasamos ó contrario, parecéndonos xa fóra de sentido que se fume en calquera dos ámbitos nos que outrora era casi unha obriga.
Desde este primeiro de ano, está prohibido fumar nos recintos pechados, e desde logo nos centros educativos, na hostelería e en toda dependencia pública. Un paso máis no acoso e derribo do fumador, novo apestado nesta sociedade nosa, polo que o feito de fumar comporta de agresión para todos os que están no contorno do fumador.
Atrás quedan os investimentos feitos pola hostelería para acomodarse ás anteriores disposicións sobre o tabaco en establecementos públicos. Atrás queda calquera consideración en relación coa liberdade da persoa para utilizar sustancias non prohibidas pola ciencia ou pola Lei.
Porque aí está o auténtico contrasentido de toda a loita que se está a facer contra o tabaco. Está moi ben loitar contra un elemento que se sabe provoca cancro e outras enfermidades en quen fume e nos que están ó seu arredor. Pero entón o Estado non debería lucrarse do xeito que o fai do feito da existencia do tabaco e da súa comercialización, dándose unha situación farisaica que poucos teñen interese en denunciar e moito menos en corrixir.
O problema está no fume... E a Administración utiliza como cortina de fume o feito de fumar para ocultar o que para as arcas públicas é un fabuloso negocio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES