Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Raúl González, mestre renovador do Ribeiro

miércoles, 29 de diciembre de 2010
O profesor, Xosé Manuel Cid Fernández, é autor de dúas obras relevantes para o coñecemento dos movementos de renovación pedagóxica e os seus protagonistas no breve período da IIª República española: “Alfonso Garcia Rojo, Mestre republicano da Ribeira Sacra. Relatos autobiográficos” e “Educación e ideoloxía en Ourense da IIª República”. Ámbalas dúas obras teñen en común a descuberta de protagonistas de excepción no exercicio do maxisterio ourensán pola participación en plataformas sindicais e culturais, tales como ATEO, Federación Galega de Traballadores do Ensino ou as Misións Pedagóxicas. Na nosa memoria están mestres como Isidro Cid Ribo, Luís Soto, Luís Acuña, Victor Fraiz, Albino Núñez, Armando Fernández Mazas ou Baltasar Vázquez. Unha nómina de pedagogos que deixaron escola malia a represión que o franquismo exerceu sobre eles en todas as súas variantes.

Son dalgunha maneira o resultado dos grandes cambios promovidos pola Xunta de Ampliación de Estudos creada a principios do século XX, que potenciará a formación dun grupo significativo de profesores e profesoras exercentes en Galicia, salientando Elois Luís André, Xohán Vicente Viqueira, Vicente M. Risco…de sólida formación académica adquirida en países europeos. Todos eles alentaron unha renovación pedagóxica que foi determinante do tecido configurador dos pulos que condicionaron a IIª República. Postularon un modelo de educación laica, democrática, baixo a responsabilidade do Estado, escola única e ensino activo. “A escola, lanterna que alumea con refachos de luz esas tristes aldeas, é a chamada a desterrar o caciquismo”, dicía o mestre Xermán Lastra en 1935. Por eses anos xa funcionaba a Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), unha organización pedagóxica moi activa coas cabezas máis lúcida do maxisterio con vocación de abordar as conexións escola-sociedade en tódalas súas dimensións, e que aspiraba a representar o espírito da Educación Nova.

Foron moitos os mestres da comarca do Ribeiro que participaron naquel movemento renovador do maxisterio. Un deles foi Raúl González. Nacido nunha pequena aldea de Nogueira de Ramuín (Rubiacós), estudou maxisterio despois da morte do seu pai en 1921. A familia decidíu vender parte da herdanza para custearlle os estudos. Dí del o profesor Xosé Manuel Cid Fernández, valedor da memoria de tódolos Mestres que sufriron a represión do réxime franquista, que o seu agnosticismo, reafirmado diante do tribunal que o xulgou en 1936 e sentenciou a pena de norte, logo conmutada por outra perpetua, así como outras actitudes de rebeldía que mostrara en defensa dos alumnos e en defensa dos agricultores do Ribeiro, definían a personalidade dun mestre crítico e pedagoxicamente renovador.

A Asociación Álvaro das Casas convoca para hoxe día 29, no pazo dos Ulloa, onde vivíu o catedrático que creou e dirixíu os “Ultreia” -un dos movementos estudantis galeguistas máis dinámico no seu tempo-, un acto de homenaxe ao mestre Raúl González co gallo da presentación da segunda edición do mencionado libro do profesor Cid Fernández “Educación e Ideoloxía en Ourense na IIª República”.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES