Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un militante, un cargo

jueves, 30 de diciembre de 2010
O de “unha persoa, un voto”, está xeralmente aceptado como norma de conducta democrática, e sobre ese principio contrúense todos os edificios sociopolíticos que aspiran a durar e que respectan a liberdade como primeiro dereito.

Pero o de “un militante, un cargo” é máis difícil de aceptar polos partidos políticos con opcións de goberno en calquera ámbito.

O actual lider galego do Psdg-Psoe, Manuel Vázquez, intenta que no seu ámbito de influencia funcione este principio e está atopando dificultades porque demasiados intereses se ven afectados. E non menos expectativas se ven frustradas.

Dentro do Partido solicítase que non se frustren as opcións dalgún aspirante que pode resultar especialmente valioso, pero habería que escoitar ós militantes de base para saber que opinan de que determinado militante ostente máis dun posto político.

Aí está o problema, planteado con forza diante das próximas eleccións municipais, nas que ós deputados no Parlamento que queiran acudir ós comicios recoméndaselles que deixen previamente os postos que ocupen.

O Secretario xeral do Psdg-Psoe ten problemas aparentemente derivados da súa intención de clarificar unha situación política que non é exclusiva do PSOE, e que en algún momento todos os partidos deberán abordar para acreditar que non son aparatos para conquistar o poder e manterse nel. Pero aquí o problema pode ser outro. Pode estar na cúpula do PSOE e a súa continuidade a escala nacional, e na cúpula do partido en Galicia e na súa continuidade.

O de “un militante, un cargo” pode ser só un pretexto para a rebeldía. Un bo pretexto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES