Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

UNED Senior

viernes, 17 de diciembre de 2010
É un fenómeno que florece pola zona da Terra Chá por Xermade e Guitiriz e segue por terras coruñesas de Xestoso, onde é párroco un crego que se chama Luis Angel Rodríguez Patiño, empeñado en salvar ós seus parroquianos polo disfrute da cultura.

Chámase UNED Senior e agrupa un animoso grupo de maiores, mulleres e homes, que gozan do coñecemento, co respaldo da Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Teñen clases reguladas e profesores extraordinarios, viaxes de cultura e sesións de divulgación, e sobre todo aprenderon –ou xa sabían- que o saber é un valor en si mesmo, que se o saber non ocupa lugar si proporciona ós que o posúen un placer ilimitado. E neso están, estudiando, viaxando, disfrutando. Ditosos eles!.

Contrasta a realidade da UNED Senios cos datos que indican que somos os galegos os menos dados a retomar os estudios, se ben xa estamos en arredor do oito por cento, cando o promedio nacional só nos supera en dous puntos.

Os galegos que recuncamos no estudo facémolo de cara ó bacharelato, a F.P. ou a Universidade, sendo nesta última onde máis baixo está o noso acceso con catro puntos por debaixo da media nacional.

Sexan os galegos da UNED Senior a excepción da regla ou un caso aparte, o certo é que merecen todo o noso ánimo e o de todos os que crean -creamos- que a redención (que palabra máis forte!) de todos nós, se vai obter pola cultura e a liberdade. Os da UNED senior xa comezaron.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES