Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plaxio en Internet

viernes, 10 de diciembre de 2010
Por fin, o tema móvese. A piratería en Internet pareceu o xeito máis natural do mundo de procurarse información para difundir por parte de determinados portais que copiaban sen o menor pudor ou extraían información que aplicaban directamente nas súas páxinas.

A facilidade de acceso á información para consulta pero tamén para a súa obtención material e tratamento, fixo que parecese imposible de atallar un fenómeno que invadiu a Rede e señoreou este mundo novo de ámbito mundial.

Chéganos agora a nova da primeira detención efectuada en Oviedo pola Brigada de Investigación Tecnolóxica, o que significa un primeiro paso na loita contra a piratería, e o comezo dun traballo de investigación e comprobación en base ás diversas denuncias que se teñen presentado en canto a utilización fraudulenta da información.

Esta acción beneficia a todos, que todos somos ou podemos ser obxecto de copiado ou piratería, para que determinados individuos non se beneficien do traballo dos demais nun xeito de estafa novedoso, de difícil control, pero visto está que non imposible de atallar.

Que a Lei se impoña en Internet é unha excelente noticia. Especialmente para todos os que operamos na Rede, e para os millóns de persoas que a utilizan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES