Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora das Cámaras de Comercio

jueves, 09 de diciembre de 2010
Víase vir. Tiña que chegar o momento en que as Cámaras de Comercio e Industria, e nalgúns casos de Navegación, se visen enfrontadas á dura realidade do asociacionismo empresarial, e ter que baixar ó nivel da rúa para contender coas outras agrupacións buscando cada quen o seu lugar na defensa dos intereses dos seus representados.
Ata agora, desde tempo xa inmemorial, as Cámaras de Comercio sostíñanse de xeito especial coas cotas aboadas polos seus asociados, que o eran en razón de existir, pertencendo obrigatoriamente polo feito de estar de alta como empresa no correspondente rexistro, cotizando en proporción á facturación de cada empresa.
Hai varias décadas, cando xurdiron os sindicatos libres e as asociacións de empresarios libres tamén, pareceu chegado o momento de que as Cámaras deixaran de ser de afiliación e cuota obrigatorias, e dar liberdade ós seus asociados. Pero tivo que chegar esta época difícil, para que o Goberno decidira suprimir a obrigatoriedade de afiliación.
As nove cámaras galegas perden a súa maior fonte de financiación, e veranse obrigadas a facer novos planteamentos na súa actividade e consecución de fondos, competindo co resto das agrupacións empresariais polas cuotas dos afiliados e as importantes subvencións gubernamentais.
Se saben aproveitar o momento, pode ser para as Cámaras o seu mellor momento, esquecéndose dos ingresos seguros, movéndose axilmente, gañando un posto na sociedade, non con ventaxas que non podían perdurar senón co dereito que lles dá a súa longa historia, e o papel que están chamadas a xogar no asesoramento e defensa de autónomos e empresarios.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES