Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os maiores

miércoles, 24 de noviembre de 2010
Con 84 anos de promedio vital para as mulleres e 78 para os homes, o colectivo da terceira idade en España chega xa ó dezasete por cento da poboación total, con arredor de ocho millóns de persoas.

Estase traballando no que se chama “Libro do envellecemento activo” para que o goberno e todos os implicados na problemática da terceira idade teñan un axeitado instrumento para traballar sobre o tema e para establecer políticas en relación coa xente maior.

Un dos aspectos máis importantes en cando ós actuais vellos, é que chega a un noventa por cento a porcentaxe de maiores que prefiren seguir envellecendo na propia casa, aínda que sexa en soedade, pero preferentemente dentro da esfera familar. De todos xeitos, a porcentaxe tende a diminuir.

Polo momento, o sesenta e oito por cento dos maiores mantén contacto diario cos fillos, e un setenta por cento cuida ou ten cuidado dos netos, chegando ó corenta e nove por cento os que todos os días atenden ós nenos da casa. E estase na actualidade no tempo en que se vai traballar de xeito especial pola calidade de vida do colectivo da terceira idade, fomentando o exercizo físico, hábitos de vida saudables, e mellorando a atención sanitaria.
O mellor deste tema é a conciencia social existente sobre a necesidade de atender á terceira idade, procurar a mellora da súa calidade de vida, entendendo que unha boa situación do colectivo derivará en excelentes resultados económicos e sociais, que a todos nos beneficiará.

O colectivo de maiores tende a ser cada día máis numeroso, prolóngase a duración da vida, e a denominada terceira idade ten cada vez máis protagonismo na sociedade. Atendelos axeitadamente é unha obriga social. Aínda que só sexa porque todos algún día formaremos parte deste colectivo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES