Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do consecutivo e do constitutivo

viernes, 12 de noviembre de 2010
A confusión de ámbolos dous conceptos, o consecutivo e o constitutivo, adoita levar non só a quen fala, senón tamén a quen escoita, a importantes erros: ao primeiro, se non o fai deliberadamente para xerar vaguidade ou equivocidade na mensaxe (habitual nos políticos), transmitindo contundencias que non corresponden a realidade, e ao segundo, á certezas infundadas. Como exemplo recente, aínda que non me vou ocupar disto, o cambio de ministros e a supresión de ministerios: ¿é un acto político para correxir erros e clarificar a función pública, é decir, é constitutivo dun modo distinto de facer as cousas, ou e consecuencia doutras pretensións máis ou menos solapadas?.

Pero o que desexo tratar agora é como o darwinismo axexa nas sociedades actuais en alianza coa razón instrumental e intentar ver ata donde é isto elemento constitutivo da nosa convivencia globalizada ou simplemente unha mera consecuencia de actitudes ben pouco éticas.

Sabido é que Darwin chegou a conclusión de que quen non se pode adaptar ao novo medio, ten que extinguirse. Ocorre así na sociedade?. Só parece claro que quen non poida competir e ser eficaz, eficiente, na productividade corre o risco de desaparecer no campo do traballo: as máquinas e a racionalidade instrumental van encargándose diso. E sen embargo, o porvir deste modelo de sociedades é moi escuro, porque non pode ser universalizábel a causa do consumo dos recursos planetarios que esixe: basta pensar nos problemas ecolóxicos que nos asaltan. Pero é que, ademais, non poderemos estender o noso modelo de economía de mercado ao terceiro mundo. Polo tanto, pregoar esta posibilidade coma unha solución a pobreza dos paises tercermundistas é ideolóxico (consecutivo) e oculta a realidade (a mensaxe non é portadora de propostas constitutivas): aquí non parece que o darwinismo sexa plenamente operativo, porque non desaparecen os que teñen dificultades de adaptación, os pobres, que son absolutamente necesarios para que outros vivan como ricos, a favor dos cales é mester manter a liberalización dos mercados, que lles facilita as exportacións.

Non faltan pensadores que se preocupan de reducir o predominio da razón instrumental, para que deixe espazo a ética; pero hai que recoñecer que estas posturas non encontran eco nas nosas sociedades desenvolvidas. Si…, nelas podemos pensar, crer e opinar, mais non sabemos ata donde a mesma sociedade nos configura, para que pensemos, creamos e opinemos sen poñer en perigro os modelos vixentes nela.

Os gobernos de cada pais en particular non poden, nunha sociedade da globalización, cambiar o modelo económico, sen poñelo en perigro de pobreza, porque a competividade impera e desbanca ós que non se adaptan ao medio (consecuencialismo darwinista). E xustamente por isto, permítanme que non me crea o desenvolvemento sostíbel, que non é só un modelo económico, senón tamén político, que esixe un gran compromiso ético, con procesos de toma de decisións que teñen que ter en conta ós individuos dunha sociedade ou un pais e á toda a humanidade, presente e futura. Polo tanto, as mensaxes dos nosos gobernos que, con independencia dos signos ideolóxicos, pretenden cubrir complexos procesos nos que se ensaia un modelo económico que ninguén quere, son emitidas con lixeireza e en clave consecuencialista: no fondo non hai vontade constitutiva dese modelo sostíbel, porque, ademais, tampouco é moi fácil polas razóns apuntadas e outras non expresadas.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES