Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O indalecio de Bonxe

viernes, 12 de noviembre de 2010
O indalecio de Bonxe Ven de deixarnos un creador providencial: Indalecio Lombao, o oleiro de Bonxe, onde os que traballaban neste oficio, eran coñecidos coma cacharreiros. Un home bo e xeneroso que se propuxo manter na Terra Chá o labor máis antigo do mundo. Coma todos os xenios, soubo aproveitar a oportunidade que lle brindaba a vida. Era o derradeiro dunha parroquia de oleiros, pero tivo a fortuna de sementar na súa filla Pepita, a arte que practicou o mesmo Deus, nos albores da humanidade. Tennos contado, que alá polos 60, de sesenta veciños, 56 eran alfareiros. No 78 só quedaba o artista Manuel López Lombao, ó que sucedeu Indalecio coa canaveira, o pano e o alambre para raelas pezas. Este mestre alfareiro foi tamén un músico consumado, Xunto cun irmán aprendera do seu pai a moldear o barro. Algo común a outras parroquias de Outeiro: Silvarrei, Tirimol, Penelas... Pero só os de Bonxe vendían nas feiras, os outros facíano a tratantes, que mantiñan un almacén non lonxe dos obradoiros. Durante séculos crearon unha estética que os diferencia dos de Buño, Gundivós, etc. Os homes traballaban co torno e as mulleres amañaban o barro e apañaban a leña. A dona deste supervivinte de Bonxe, Xosefa Ferro, colaborou estreitamente no afán por non perder esta artesanía. No apoxeo de Bonxe, tamén influíu a abundancia da materia prima, o barro, e a súa alta calidade, moito mellor ca que tiñan os de Gundivos. A característica da súa olería é a media lúa en trazos brancos. Na Terra Chá adoitaban facer unhas pezas máis grandes cas de Buño, para atender ás necesidades dunha economía agrogandeira prospera, para traballar o leite ou o mel, para conservar a auga, as matanzas, os licores... As mans de Indalecio eran especiais para crear unha harmonía nas formas, o que fala ás claras de que estamos ante un gran creador. Era toda unha gozada sentir coma medía a consistencia da masa, antes de facer os “fondos”, dos que ía arrincar cada peza. Unha por unha, ía acadando o seu ser, ata chegar a obra definitiva. O seu museo e obradoiro son o santuario que mantén vivas as esencias da cerámica chairega.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES