Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra do alcohol

viernes, 12 de noviembre de 2010
O Parlamento de Galicia ven de poñer en marcha a tramitación dunha Lei que vai restrinxir o consumo do alcohol para os menores de idade, nun intento serio de poñer coto ó que se considera unha grande lacra social.

Dos 16 ós 18 anos só se poderán consumir bebidas fermentadas, entre as que están a sidra, a cervexa e o viño, e unicamente desde os 18 os rapaces poderán consumir bebidas destiladas.

A realidade que nos rodea constata que no pasado 2008, algo máis do oitenta e un por cento dos estudiantes galegos de entre 14 e 18 años tiñan probado o alcohol, sabendo que para algo máis do sesenta e dous por cento a idade media de inicio de consumo de alcohol estaba nos 14 anos, con tendencia a baixar máis, e tendo en conta que arredor da cuarta parte dos rapaces atendidos por problemas de intoxicación etílica son menores de catorce anos.

O problema do alcohol está fondamente enraizado na nosa sociedade, de xeito especial porque non o consideramos un problema e estimamos que hai -como a hai- unha profunda diferencia entre o consumo de alcohol e o de sustancias estupefacientes. Pero os especialistas na materia consideran que o alcohol é aínda máis danino para o organismo que a heroína e o crack, estimando non só o perxuicio que causa a quen o consume senón tamén ó seu contorno familiar e social, estimándose que resulta tres veces máis dañina que a cocaína ou o tabaco.

Un estudio efectuado en Inglaterra considera que aínda que as drogas duras provocan máis mortes e danos en quen as consumo, o alcohol -e tamén o tabaco- xenera moitos máis danos sociais, lesións, delitos e custos sanitarios.

O consumo moderado de alcohol está xeralmente aceptado, sendo os excesos tanto en cantidade como en calidade -a idade de comezar o consumo é o máis destacado síntoma- o que cauxa unha moi grande preocupación social. Se a norma que o Parlamento galego está a estudiar consegue paliar eses nocivos efectos e ir cambiando conductas, só merecerá parabéns de todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES