Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acerca da Sanidade

jueves, 04 de noviembre de 2010
Penso que hai certas ideas respecto do home que é necesario ter moi en conta a hora de enxuizar algunhas cuestións referentes a Sanidade, especialmente se esta é pública, pois a ninguén se lle ocultan os eloxios, nuns casos, e as críticas, noutros casos, ao trato que os pacientes reciben en algúns centros médicos. E, as veces, chegan as queixas ata os xulgados.

Perder de vista que o home non ten só propiedades pola súa natureza física, senón tamén por apropiación das posibilidades que lle ofrece a súa particular situación, non é convinte para situar o enxuizamento dos problemas que xurden na relación paciente-enfermo. Se tuvera só aquelas sería un mero animal situado nun mundo de estímulos, co conseguinte desencadeamento dos instintos, aos que estaría suxeito, e ó que Zubiri designa co termo HYPOKEIMENON (en grego), ou tamén SUBSTANTE; pero o home está por encima das propiedades que brotan da súa natureza, é dicir, é un HYPERKEIMENON (en grego, tamén), un SUPRASTANTE. Parece máis ben un xogo de termos, pdero responde a unha realidade que moi a miúdo esquecemos e que é básica para fundamentar a súa AUTONOMÍA.

Con base nisto, pensa Diego Gracia, o sucesor de Laín Entralgo na Cátedra de Historia da Medicina, na Universidade Complutense, coma evidencia nos seus numerosos e documentados tratados de bioética, que está a cambiar a definición do que se entende por saúde e enfermidade ou doenza, e dinos algo incríbel, pero certo: que “agora a saúde e enfermidade a definen os cidadáns, con un criterio emotivo, utópico e irresponsábel, coma O PERFECTO BENESTAR FÍSICO, MENTAL E SOCIAL do home. Nin que dicir ten que isto non pode acabar ben. Un fin irreal e irrealizable non pode levar máis que á frustración e ó fracaso individual e colectivo. Só así se explica a inmensa frustración que hoxe existe arrededor da medicina”. Pero ainda dí máis: “Os valores, as emocións, os desexos, as crenzas dos pacientes, por máis que sexan subxectivos, non poden ser marxinados no proceso de toma de decisións clínicas. Ese é o obxectivo de toda a teoría do consentemento informado”.

Estas palabras, por moi estrañas que parezan, son dun dos mellares e máis documentados estudiosos, nesta materia, do noso país. Pero el non se queda aquí, dí tamén que hai que humanizar a medicina, introducindo nela o mundo dos valores, porque non abonda a aplicación dunha técnica moi correcta; dirixíndose, claro está, os profesionais sanitarios, que parecen descoñecer que os valores non se deprenden nas facultades como outra materia máis da carreira, pois non son completamente RACIONAIS, por máis que poidan ser máis ou menos RAZONABLES. Polo tanto, o súa aprendizaxe esixe coñecementos, pero tamén habilidades e certas actitudes. Hai que coñecelos, porque sen eles non pode vivir ninguén; hai que educar a nosa facultade estimativa, íntimamente unida ao mundo das emocións e dos sentimentos, máximos receptores dos valores; pero sobre todo, hai que loitar na leira das actitudes, sempre marcadas con riscos de carácter moi difíciles de borrar.

Evidentemente, aquí os profesionais da medicina deberían de vixiar os seus reducionismos e exclusivismos científicos, as posturas absolutistas e o excesivo racionalismo, pois constitúen un campo de vicios e deformacións profesionais, se queren integrarse nunha nova e xa vixente orientación en canto a quen fixa os criterios da saúde e da enfermidade, que non vai ser a mesma medicina!, senón os usuarios. E aquí dí tamén Diego Gracia que esta é unha consecuencia do PRINCIPIO DE AUTONOMÍA do home no ámbito da medicina. Sen dúbida, isto vai traer consigo non poucos desacougos nos profesionais e nos pacientes. Deberíamos, polo tanto, estar preparados para estos cambios, e na Sanidade Pública teñen que comezar a frear as saídas de ton algúns sanitarios, e os gobernos da quenda fomentar as actitudes máis axeitadas ás esixencias socias. Certamente, a panorámica non é moi atractiva!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES