Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avanzando na autonomía

jueves, 04 de noviembre de 2010
Representantes de doce autonomías veñen de reunirse en Santiago neste Ano Santo, para estudiar a situación global das súas circunscricións e adoptar medidas de cara ó futuro.

Ata agora neste campo só existía a conferencia de presidentes autonómicos que convoca e preside o Presidente Zapatero, pero esta de agora foi diferente, independiente, que debate e planifica, e xa ten decidido volver a reunirse, tamén sen a presencia do Presidente do Goberno.

A xuntanza santiaguesa denominouse “Encontro entre Comunidades autónomas para o desenvolvemento dos Estatutos de Autonomía”, e a súa vontade de continuidade evidencia que aínda queda moito por facer, moito que camiñar, nesta asunción do poder por parte dos gobernos autonómicos, e que teñen emprendido este camiño de xeito decidido aínda que haxa que agardar ata despois das eleccións municipais para celebrar a próxima xuntanza e ver como evoluciona esta nova tendencia.

Segundo o Conselleiro Rueda, coordinador da xuntanza compostelana, a fronte de presidentes autonómicos nace de xeito espontáneo pero non contra ninguén e menos contra o goberno, pero ninguén deixará de mostrar a súa inquedanza ou confianza segundo proceda na formación deste frente bicolor -populares e socialistas- chamado a chegar a enfrontarse co goberno central.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES