Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De novo, o transfuguismo

miércoles, 03 de noviembre de 2010
É o transfuguismo de nunca acabar, vencellado ó xa vello debate de se un concelleiro electo é o dono do seu escano ou este pertence ó partido que o presentou e apoiou nas correspondentes eleccións.

Se o Partido é esencial para a elección da maioría dos cargos políticos (hai tamén diversos exemplos de candidatos independientes que non deben obediencia a ningún grupo organizado), o elexido pode ter a tentación en calquera momento do seu mandato de “recolocarse” segundo os ideais que imperen, e facer gravitar hacia un ou outro lado o exercizo do poder.

Son “tránsfugas” aqueles políticos que esquecendo as súas ideas iniciais se axustan ou acomodan -hai numerosas fórmulas de acomodo- a outro grupo, colaborando en que o poder cambie de mans, xeralmente con algún tipo de beneficio para o político que propiciou a reestructuración dun goberno.

Xa que as primeiras eleccións, que á vista están, son as municipais, póñense de actualidade e de manifesto os casos de concelleiros que foron tránsfugas e propiciaron que determinado partido accedese ó poder.

Pero os grupos políticos non acaban de poñerse de acordo sobre este tema, polos intereses existentes, por encontrarse no medio dunha forte polémica, porque -en fin- todos teñen algo que lamentar e todos teñen motivo de satisfacción.

Nesas estamos. Que houbo un acordo para eliminar o transfuguismo. Pero no momento en que se empezan a establecer as relación de persoas que poden participar nos próximos comicios, cada grupo saca a relucir os puntos negros dos antagonistas, non renunciando a priori a aproveitar cada tanto que o xogo vaia deixando nas súas mans.

O transfuguismo mostra con total claridade a face oscura que pode ter a política. E mentras os grupos políticos, todos, non se poñan de acordo para combatila, pese a quen pese, non hai nada que facer. E pagarémolo todos moi caro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES