Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felipe Senén

martes, 02 de noviembre de 2010
 Felipe Senn O seu nome completo é Felipe Senén López Gómez, pero o seu nome de guerra –cultural e social- será sempre Felipe Senén.

O sábado pasado, no Muíño do Rañego de Vilalba foi entronizado como “Chairego de honra” nunha cerimonia oficiada por Felipe Arias Vilas, Xosé Neira Vilas, Xoán Naveiro e dirixida por David Otero, diante dunha nutrida concurrencia entre a que destacaban máis de dúas ducias dos seus alumnos da UNED-Senior da terra chá.

Felipe ten unha moi longa traxectoria de traballo arqueolóxico, cultural e humano en toda a Terra Chá, e de relación con moi numerosos chairegos, que o fan pertencer –á parte do Carballiño da súa nacencia –a esta comarca senlleira que cada día ten máis conciencia de sí mesma.

Felipe Senén dirixiu durante anos o Museo arqueolóxico de San Antón, que en tempos foi unha illa. Tamén Felipe, ese é o noso ver e sentir, foi durante moito tempo na Coruña unha illa cara á que navegaban todos os que querían saber, os que pescudaban coñecemento e referencias, os que sabían que na Coruña, ademais do facho da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, había outro facho patrimonio dos galegos, ó que acudir na percura da luz.

Por eso é Chairego de Honra. E desde aquí vai o noso recoñecemento, e a nosa felicitación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES