Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outono musical nos Franciscanos de Ourense

lunes, 25 de octubre de 2010
Outono musical nos Franciscanos de Ourense Un grupo de amigos de san Francisco tivemos a ocurrencia, hoxendía quixotesca, de arranxar unhas xornadas de música coral, baixo o lema de “Liturxia e Música Coral”, coa que queríamos homenaxear a este pobre home, Irmán da Creación Enteira e soñador dunha das meirandes utopías da historia, casi feita realidade nos seus máis sobranceiros “irmandiños” ou alomenos na súa persoa. A el, por unha banda isto, e por otra o autor do non venal Canto das Criaturas, primario xermolo da escrita italiana e xograr gratuito e atemporal do cerne e miolos da Trascendencia inmanante en cada ser que latexa na noite ou nas estrelas; na terra ou na auga, no Sol ou na Lúa; no fogo ou na Luz, na materia ou no espíritu, na vida ou una norte; no perdón e non na discordia: xograr da ¡Alotropía de Deus!

E de paso, tamén queriamos pór en valor novamente o patrimonio musical que a liturxia cristiana inspirou aos meirandes compositores da arte do pentragrama en tódolos tempos, incuidos os de agora. Compositores, uns e outros, de fai anos e arestora“ejecutados” no nome do que se di asamblea participativa e no xuizo inxenuo do cura de guitarra ao lombo. Por esquecidos, queriamolos recordar; e recordados, queriamolos disfrutar. Así foi, unha e outra cousa. Cousa chula por demais, digamos.
Bach, Haendel, Schubert, Mozart, F. Guerrero, Saint-Säens, altos, ergueitos e sonoros, clásicos e cultos, batendo de novo a estética e o sentimento -devoto- dos oíntes e celebrantes do rito sacro, ou de algún curioso e amigo comprometido… Na tarde, nas tardes ourensanas deste outono, días 3, 9, 16, de contado o 30. Na igrexa de San Francisco da Rúa Xoaquin Lorenzo “Xocas”, no Parque de San Lázaro. E cercanos, unxidos, entrañables, glorificados: Xosé Castiñeira, X.L. Reza Cabano. Este con plegaria de corazón a corazón e con unha xota “a la Pilarica”, contundente e xa inevitable nun bo repertorio que se precie. E brillantísimos, estupendos, as agrupacións corais que os interpretaron neste encontro sanfranciscano: ORFEÓN LUCENSE, CAPELA MADRIGALISTA, ORFEÓN DO CARBALLIÑO, e seguro que tamén CORAL DE RUADA. Co oportunísimo e impagable aceno galego de Xesús Mato no concertiño final do coro da cidade das Murallas nesta das Burgas.

Todo no escenario que tamén queriamos pór en valor: capela maior da igrexa de san Fancisco, palco en cuberta de ojivas, granito ourensán de magnífica acústica, con cruceiro acertadamente oscuro e recollido, acougando as inquedanzas de crentes, e non tal, no recinto do misterio que se fai feito visible na consagración de Cristo e da arte, nestas xornadas vencellados nunha mesma teima e ocasión: Liturxia e Música coral-Mes de san Francisco-Outono ourensán 2010, que decía o cartel anunciador.

Se acadamos ou non o que nós pretendiamos, non o sei. (En parte). Pero o inesperado sucedeu: fixemos máis amigos, estes amigos fixeron outros amigos. E xuntos, na arte, na profesión e na Vida ábrense máis e máis fermosos horizontes e poden agromar “mil primaveras máis”. E houbo quen deu a grazas. Daquela volveremos, se Deus quer. Tamén na igrexa dos Franciscanos de Ourense.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES