Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Froilán, San Froilanciño... Domingo das Mozas

miércoles, 06 de octubre de 2010
Ao ORFEÓN LUCENSE,
agradecido, eles saberán por qué.


Debeu ser aló polo ano mil novececentos oitenta e tres, cando eu era rapaz novo e andaba por Lugo con ganas de comer o mundo. Si, debeu ser aquel ano. Con media ducia dos meus alumnos fora a Radio Lugo-Cadena Ser para un progama que argallara co lema de “Media hora nas ondas para una historia de Lugo”. Eran os tempos áureos da recordada Tonina Gay, de Paco Bustos, que tanto lle “daba” á administración coma ao control ou o arquivo sonoro, de Santiago, seu compañeiro, e mandaba naquel quinto andar das Galerías Vilamor de Santo abraiante, Arcadio Silvosa, que Deus garde moitos anos e vostedes os disfruten. Naquel mesmo ano reinaba en Lucus Augusti -“toto orbe in pace composto”- Vicente Quiroga -“dum viro único”- e a analeta lucensia -entre outras, “Pelúdez e Familia”- a escribía Don Xosé Trapero Pardo, insuperable no conto, e agora mellor calar ou estar quieto, señor Xosé de Cora. No mesmo ano fixeran un documento audiovisual sobre as Festas do San Froilán Carlos Rodríguez e Xulio Xiz. Cojonudo. De chapeau.

E ao que ía. Para o devandito programa documentárame moito ou polo menos o suficiente. Un labor agradecido que me mergullou por primeira vez na vida e nos costumes dese Lugo -cidade e provincia-, que se distingue de modo posivimente senlleiro das demáis cidades e lugares do resto de Galiza. Sabor distinto, paisanaxe distinto, humanidade “primaria” que abre a relación imprescindible, a un paso da boísima e gratuita armonía, urbe coma a Urbe, lousado no canto de faiado, horizontalidade no canto de verticalidade, persoa e no canto do número.
E inevitablemete, na pescuda informativa, apareceu O Sanfroilán inevitable, lugués, galaico, asturiano, leonés. Apareceu coma unhas témporas laicas e naturáis. Logo da sementeira, da seitura, da colleita, da vendima, do traballo, da morte: a Festa, a Vida. A Alegría da Festa, A Alegría da Vida. Agasallo que eu recibín, así hai que velo, nese Lugo, lugués e imperial, catico e grande, “servicial” e gandeiro, descoñecido ate aquel ano, íntimo dende aquel ano. Folión da foliada, adeus de estío e fornecemento de invernía.
O Sanfroilán, que aparecía daquela co gando e o pulpo na mesa da Mosquera cabo do Campo da Feira, os carros da leña e a palla por Santo Domingo, e enriba deles tal vez unha Mari-Gaila, moitas marigailas valleiclanescas e aldeanas, intra e extramuros, con teima de mozo, con “media calada” e non de cortefiel, con ganas de bailar, “que Dios todo lo perdona”, e de pecar con un querqueller coma o “diaño da vella”, que di a canción. E eles tamén, que o traballo foi moito e o acougo é mester.

Así, natural, evidente, lóxico, bo, económico, “traballado”, gratuito. Gaita enxebre e popular, que por unha vez non chora. E move á baila, o corpo e a alma, á esperanza, á vida, mentres un foguete artesán ilumina a Muralla cinguindo a propios e estraños nunha “pago-da” soberbia e sinxelamente abraiante, mais medio esquecida.

Aquel Sanfroilán. Este Sanfroilán, agora. Luz de candil e carburo, “tournez, tournez, cheveaux de bois”, alegría… “que cuesta una moneda de cobre”. Luz de Begasa e neón, agora, ¿canto costas, amor?

¡Sanfroilán, Sanfroilanciño, Domingo das Mozas! De calquera xeito. Pero mellor, menos programa e máis daquiloutro, menos carto e máis zambomba de man. Digo eu. Anque é ben certo que o Pelúdez de antes cabalgue de novo…precisamente porque era -é- un tipo de antes, ou sexa, de sempre…
De calquera xeito… divírtanse.
Boa Festa, amigos.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania