Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Venceredes (pero non convenceredes)

jueves, 30 de septiembre de 2010
Venceredes (pero non convenceredes)
Onte, non puiden quitarme da cabeza a frase que o 12 de outubro de 1936 lle espetou Unamuno ó Xeneral Millán Astray no paraninfo da Universidade de Salamanca: "Vencereis pero no convencereis".




Naquel caso había temas de fondo e forma. No voso, sindicalistas activos na folga do 29-S, respectando o fondo, pérdenvos as formas.

Non se convence ós traballadores autonómicos facendo pasillo para abuchear ós que, aínda de noite, iamos ó traballo. De feito, poucas veces vin tanta xente da Xunta, e eso que a rebaixa do soldo foi para os funcionarios.

Non se convence con horrísonos petardos, coa parca manifestación que saíu da Casa Sindical, ou forzando ó peche a negocios modestos que abrían as portas por pura necesidade e baixaron as reixas pola vosa coacción. A maioría dos letreiros de folga estaban pegados polo exterior dos cristais. Non fai falla ser Agatha Christie para saber quen os puxo.

Non se convence pintando de bermello con letras xigantescas as cristaleiras dos bancos, botando silicona nas pechaduras, asustando á xente ou guerreando na batalla do Ceao. ¿Sabedes que moitas empresas pecharon por medo, pola experiencia de anteriores acontecementos coma o de onte?.

Nas enquisas, aparecen os políticos como un problema cando tiñan que ser solución. ¿Parástesvos a pensar por que cada día os sindicatos estades máis lonxe da realidade e da xente? Se queredes que vaiamos á folga, convencédenos. Pacificamente. Eu poido ser o primeiro en ir á folga se me convencedes.

Pero se non nos convencedes, non conseguides nada. Só cabrearnos. Vencidos pola razón da fórza, temerosos da violencia verbal ou física, doídos… dicindo como Ortega cando a República non era o que agardaba: “No es eso, no es eso”.

Cun pouco de sorte, a próxima folga xeral vaime coller xubilado. Con erguerme un pouco máis tarde, cando salla da casa xa estaredes celebrando o voso trunfo no primeiro bar que consigades abrir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES