Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dora, exploradora

lunes, 27 de septiembre de 2010
Andan os rapaces máis novos alucinando nos medios audiovisuais con series infantís de animación, entre as que destacan as que teñen por protagonistas a “Bob Esponja”, e “Dora exploradora”, sendo esta última unha nena a protagonista que aparte de expresarse en dous idiomas para que os nenos vaian contactando coas expresións en castelán e inglés, proporciona unha posibilidade de participación con preguntas que se agarda os nenos contesten animando ós personaxes da serie no decurso das súas aventuras.
Velaquí que se nos foi estes días a nosa Dora exploradora do galego e da infancia. Todos a coñeciamos como Dora Vázquez, e xunto coa súa irmá Pura – desaparecida con anterioridade- formaron un dúo ourensán de primeirísima fila entre as exploradoras do idioma e da poesía, abrindo canles de cultura e de feminidade, sendo protagonistas dunha longa aventura cultural e galeguista, fomentando a participación de todos na súa comuñón co idioma galego, e facendo que todos os galegos respostásemos con entusiasmo ás chamadas clamorosas que desde a Auria gloriosa resoaban por todo o noso mundo galego europeo e americano.
Con pesar dicímoslle adeus á nosa Dora, exploradora de mundos garimosos, de mundos infantís para os máis grandes, de mundos rotundos para os máis novos. Adeus, Dora, a nosa grande exploradora de mundos desde Ourense, sempre nos nosos corazóns.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

A bolsa para quen a traballa: Todos podemos ter a tentación nun momento determinado de investir en bolsa ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania
Ourente Cultural