Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ateísmo de Hawking

lunes, 27 de septiembre de 2010
Non entendo o revoo que se armou cunhas declacións do prestixioso físico Stephen W. Hawking, afirmando que non necesita un deus para explicar a orixen do Universo, porque el sempre se considerou ateo. O que si xa non é tan fácil é saber en que consiste o seu ateísmo. ¿Refírese, consciente ou inconscientemente, a un deus confesional ou a un deus entendido como unha Realidade Absoluta, orixinante e fundamentante?.

O ateísmo confesional para a ciencia é saudábel, xa que, deixando a un lado as revelacións coma algo propio da fe, o deus confesional ven a ser un construto cultural desvencellado da realidade intramundana, a que a ciencia se debe remitir. Polo tanto, este ateísmo, explícita ou implícitamente, é unha postura consecuente coa metodoloxía científica: o científico ten que encontrar as regularidades físicas no campo onde traballa, pois os seus métodos non lle permiten acudir a recursos transcendentais.

Por outra parte, as teorías científicas deben de ser verificables, ou falsables, atendendo a Popper, e desta maneira son racionalizables, e explican como ocorren os feitos, sen plantexarse cuestións limiares ou últimas, que corresponden ao ámbito da razoabilidade, no que cabe o máis ou menos razoábel, pero non o verdadeiro.

Ata aquí o ateísmo de Hawking non debería de sorprender a naide, aínda sabendo que hai científicos moi importantes que se declaran crentes, pois non parece que teñan necesariamente que renunciar a adoptar posturas que eles mesmos consideran razoabelmente consecuentes, a condición de que eviten escrupulosamente introducir na racionalidade cuestións propias e exclusivas, hoxe por hoxe, do campo da razoabilidade.

O problema xurde cando o ateísmo se refire a esa Realidade Absoluta, plantexada coma unha posible hipóteses a confirmar científicamente, porque ningún científico, neste caso físico ou astrofísico, conta cunha explicación racional suficiente para dar razón (científica) da orixen do proceso evolutivo do Universo, e, por elo, tanto unha postura afirmativa (teista) coma negativa (ateísta), son isto: posturas, que hai que xustificar, cando menos, razoabelmente, e en afirmación categórica, racionalmente.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES