Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A embarullada postmodernidade

viernes, 17 de septiembre de 2010
O termo postmodernidade, como é ben sabido, xoga un papel semánticamente curioso e non pouco embarullado, coma expresión dunha corrente literaria e artística, xa hoxe, debido ao desprestixio en que foron caendo os metarrelatos e os empeños de abranguelo todo en verdades absolutas, estendido a outros ámbitos para categorizar a desregulación que impera nas sociedades actuais, paradóxicamente coma un despropósito de regular todo o que os gobernos encontran ao seu paso, reducindo os espazos de libre convivencia dos cidadáns, de tal maneira que a min admírame que os mesmos xuices poidan sair airosos da matogueira lexislativa en que están metidos.

O caso é que o postmodernismo discorre polas canles da política, da ética e da estética, forzando as desregularizacións e sorrindo os empeños dunha normalización apouvigada, coherente e eficaz. E desta maneira non parece que este sexa o camiño que garanta e anime os comportamentos éticos para unha convivencia democrática, senón o que nos conduce a unha poliditadura: hoxe caemos na leira de tantos poderes que non podemos dar un paso sen correr o risco de ensilvarnos nas mans da araña adminisatrativa. O paradóxico sainos o paso e afóganos, porque se o suxeto postmoderno tiña que consumirse na potenciación senigual da autonomía e se vivir moralmente consiste en afirmar a liberdade coma operación da reafirmación autónoma frente a disciplinarización extremada da biopolítica -como din algúns postmodernistas-, explíquenme todo este barullo que nos engatusa. E por se isto fora pouco, estamos tamén metidos nas fauces dun certo sentimento ecléctico ben pouco escollido, porque todo serve como diferencial, o importante é conciliar todo o diferenzábel, así o churro sae máis e mellor adobado. Aplausos ó deterioro das actitudes canónicas -por exceso de canons-, ás desestructuracións dos niveis narrativos, ás ambigüidades, ás deformacións, ao diferenzábel, etc...

Dito isto, e moi lonxe de calquera ociosa pretensión aleccionadora, se o postmodernismo fora un movemento verdadeiramente deslexitimador da modernidade europea (Lyotard) ou a explosión na que o racional e razoábel, e incluso o suxeto, modernos saltan feitos anacos (Hassan), entón, ¿non estaríamos a pensar nunha modernidade como expresión da cultura capitalista por oposición dunha postmodernidade como intento embarullado de crear espazos anticapitalistas?. Mais se fose así, cómo explicamos fenómenos tan singularmente capitalistas comas a crise que nos asesta?. E cómo o dispendio xeneralizado dos cidadáns?. Todo isto…, a menos que a irracionalidade sexa o motor desta moi pouco definida e precisa corrente; pero…cómo salvamos a nosa poxante ciencia?.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES