Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iglesias Alvariño tamén no meu rueiro ourensán

jueves, 16 de septiembre de 2010
A Xulio Xiz
a quen, de cara a Abadín,
en Vilalba mireino ao pasar.


O outro día esquecín – ¡ en que estaría eu pensando! – pendurar nas” lascas” clamorosas do meu rueiro ourensán o nome do escritor de Seivane de san Xoán de Abadín, penduralo entre todos aqueles persoeiros da república das letras que dende aquelas fitan e fannos acenos de porvir aloumiñante e non de luz de candil para a Nosa Terra a tódolos que por alí pasamos. Esta nosa terra, que nin está “asoballada” nin necesita de iluminados mesías de borrón e conta nova e a nosa historia empeza agora porque os Reis Católicos e máis a Dictadura cos seus aldraxes a escarallaron de todo e aínda non sendo así hai que reescribila e velaí.

Neste panorama, bendito o Aquilino Iglesias Alvariño, quen, ao igual que os seus paisanos de Brétema, mamaron o seu clasicismo fundante, o seu humanismo imprescindible e o seu “lirismo”, incomparablemente bucólido dese currumcho olímpico e mindoniense, nas ubres leitosas que ese neno que sempre ha de ser o home galego precisa para ser máis forte que uhna fouce de ferro , máis filosófico e silencioso ca un secretario de organización de partido, máis eficaz ca calquera rebotado de seminario cando o “mal” lle dura tanto coma a súa incapacidede humana para ser o home que non sabe ser…

Nese seminario de Mondoñedo a carón do que don Atilano no seu Pazo de Recóndita Armonía acollía e embelesaba e guíaba e cultivaba coa súa gramola, única na vila, a adolescencia e a persoa que estaba a nacer en Helena, en Blanca e en tantos personaxes coma Marina Mayoral pariu naquel eido sacrosanto do laicicismo cristián daquella Brétema que abrolla, quéirase que non, tódolos prelos nos que tivo adobío unha das máis fondas literaturas galegas permanentes. Nesa Mondoñedo “sonada polos Bispos e polo cabalar das San Lucas i onde naceu o señor Cunqueiro…e rica en pan, en augas e en latín”, nese seu Seminario Maior, berce enorme e sabio de clasicismo fondamente expresivo e temático de Noriega Varela, Xosé Díaz Castro e Xosé Crecente Vega, naceu para todos Nós o virxilianismo antigo, moderno e posmoderno de un Iglesias Alvariño, que se apega para sempre na sensibilidade innata de calquera fillo da Galiza que queira brincar na vida coas esencias esencias que rebordan dos zumes do poeta que só fai o amor coas deusas desto e da emoción húmida da febra temblorosa e máis sensible da alma galega, onde xurde a inquedanza capital da paisaxe, da soidade e da existencia. “Era un poeta sentimental, pero sosegador en sí de las imprevistas angustias del dolor de la soledad – que tanta parte ocupa en su obra –de la insomne inquietud, del vago ahogo de sospechar la Nada”, comenta de el quen con el sintonizaba tan ben e moi ben o coñecía, Alvaro Cunqueiro.

Dende alí, e agora lembroo aquí, – en Ourense, neste meu rueiro – Aquilino Iglesias Alvariño levantou Cómaros verdes onde moitos de nós só levantamos valados de pedra ou ferro; dende alí – e agoro recordoo aquí, en Ourense, neste meu rueiro - el cantaba Nenias cando nós só remexemos sagrados cadáveres; dende alí el ceibou o Corazón ao vento cando nós decote o enchemos de lixo e xenreira macanuda; dende alí o franciscanismo da súa Señardá dominou o mundo dos anaqueis, cando eu só sei andar coas andrómenas que veñen e van no ar da terra in-ventada. E hoxe aquí o teño, o escritor Iglesias Alvariño, no meu rueiro ourensán dos escritores. Cando vou andar e o miro entre a Rúa Buenos Aires e a estrada de Terra de Trives. Cando, entón, o releo Polo correo do tempo, neste caso cunha bágoa casi aínda luguesa que molla como é debido a folla desta tarde, na que saldo a débeda do imperdonable esquecemento do outro día.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES